A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 17 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolverá mañá, xoves, 14 de agosto, ás 13.30 horas, no salón de plenos.
Licenzas (6) Seis solicitudes de licenza: para a reforma de 2 locais con destino a vivendas na rúa J da Urbanización Cambedo da Raia; para a rehabilitación e ampliación dun edificio na rúa da Concordia; para o modificado do proxecto de rehabilitación dun edificio na rúa do Progreso; para o modificado do proxecto de execución dun edificio na rúa do Progreso, e para a instalación de ascensor nun edificio de vivendas na Praza Maior.
Disciplina (2) Declaracións de ruína dun inmoble na Rampla de Sas e doutro na rúa San Silvestre.
Servizo de rehabilitación (3) · Ante a renuncia do Concello a executar a obra, procederase á devolución da subvención relativa á Convocatoria de axudas para a Rehabilitación de edificios de titularidade pública (PIREP) de Ourense (Liña 1, C2I5PL/22/02088). Tamén se tratará a concesión dunha axuda a obras de rehabilitación na ARRU O Polvorín, As Camelias – A Carballeira, e a denegación da solicitude de axuda para a reforma dun edificio na rúa Lamas Carvajal.
Asuntos sociais (1). Facturas de alugueiro dun local na rúa Francisco de Moure.
Infraestruturas (2) Unha certificación da obra “Proxecto de control de caudais do Concello de Ourense” e 2 facturas do proxecto de acondicionamento das rúas Salto do Can e Carballo.
Educación (1) Bases e convocatoria do XVI Certame Internacional de Cinema Escolar, OUFF Escolar.
Contratación (2) Prórrogas dos contratos do servizo de conserxaría dos centros cívicos municipais e do servizo de mantemento do equipamento do centro de proceso de datos do Concello.