A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, mércores, 18 de marzo, ás 13.00 horas, no salón de plenos, para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana, que inclúe 19 asuntos na súa orde do día.
Licenzas (3): Resolverá as solicitudes para ampliar unha vivenda unifamiliar na rúa do Curro (Santa Mariña do Monte) e para instalar un ascensor nun edificio de vivendas da rúa Carriarico. Tamén autorizará a segregación dunha parcela na rúa Parada Justel.
Patrimonio (2): Dous expedientes de recoñecemento de obrigas derivadas de resolucións xudiciais.
Infraestruturas (3): Recoñeceranse tres obrigas: dúas a favor da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e outra a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo.
Administración Xeral (1): Rectificación dun erro material nun acordo dunha xunta de goberno anterior.
Contratación (1): Aprobación, se procede, da prórroga do contrato do servizo de rede de telecomunicacións (lote 2: telefonía móbil) do Concello de Ourense.
Artes e Festexos (1): Aprobación das bases e a convocatoria do Concurso de Maios e Coplas de Ourense 2026.
Avogacía Consistorial (8): Darase conta dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, outra do Tribunal de Instancia (Sección do Penal) de Ourense e catro do Tribunal de Instancia da Sección do Contencioso-Administrativo de Vigo. Tamén se informará de que o Concello comparecerá en dous procedementos xudiciais diante do Tribunal de Instancia (Sección do Contencioso-Administrativo) de Ourense.



