A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 23 de outubro, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana, con 26 asuntos na orde do día
Licenzas (7) Sete expedientes:
- Licenza para o modificado do proxecto de reforma dun inmoble destinado a uso hoteleiro na Avenida de Santiago
- Licenza para o proxecto de acondicionamento dun local como vivenda na rúa do Ensino
- Solicitude de innecesariedade de licenza urbanística de segregación dunha parcela na rúa Cortegada
- Proxecto modificado do básico e de execución de reforma dun edificio na rúa Villa Valencia
- Proxecto básico e de execución de acondicionamento de local para troco de uso a vivenda na rúa Salvador Dalí.
- Modificación do proxecto básico e de execución de remodelación de edificación existente na rúa Colón.
- Licenza para as obras de instalación de ascensor e plataforma elevadora nun edificio na rúa Curros Enríquez.
Patrimonio (3) Tres reclamacións de responsabilidade patrimonial
Servizo de Rehabilitación (4) Catro correccións de erros
Avogacía consistorial (12). Dará conta de 5 sentenzas: 4 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense e outra do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tamén de 3 autos, ditados polo Superior de Xustiza, e polos xulgados de Primeira Instancia número 3 e 4. Ademais, será informada de que o Concello foi emprazado para comparecer en 4 procedementos diante dos xulgados do Contencioso-Administrativo número 1 e 2, e do Social 1.