A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 2 de outubro, no salón de plenos, para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana, con 16 asuntos na orde do día.
Avogacía consistorial (9). Dar conta de 2 autos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, 1 sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense e outra do número 2. A xunta local tamén será informada de que o Concello foi emprazado para comparecer en 5 procedementos diante dos xulgados do contencioso administrativo número 1 e 2 e do de instancia número 3 de Ourense.
Aperturas (1). Licenza urbanística para o proxecto de demolición parcial dun inmoble na Avenida de Zamora.
Patrimonio (4). Catro reclamacións de responsabilidade patrimonial
Artes e festexos (1). Bases reguladoras do procedemento para autorizar a ocupación do dominio público municipal para a instalación e explotación dunha barra de bar durante a celebración do Halloween en Ourense.
Asuntos sociais (1). Modificación do Plan Estratéxico de Subvencións da Concellería de Asuntos Sociais para o período 2025-2027.

