HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local tratará mañá 21 asuntos, na súa sesión...

A Xunta de Goberno Local tratará mañá 21 asuntos, na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 21 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolverá mañá, xoves, 12 de marzo, ás 13.30 horas no salón de plenos.

Licenzas (6). Resolverá as solicitudes de licenzas para a execución de 2 edificios para vivendas nas rúas Paseo e Cardenal Quiroga, a construción dunha vivenda unifamiliar no Lagar, o remate das obras dunha vivenda unifamiliar na rúa Pena do Vao, a adaptación de senllos baixos para vivendas na rúa das Lagoas e na rúa Nova.  Tamén dará conta dunha solicitude de autorización para desvincular o trasteiro dunha vivenda na rúa Valle Inclán.

Disciplina (1). Declarará en situación de ruína un inmoble na rúa Tras do Pazo.

Patrimonio (3). Tratará dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial e un expediente de recuperación de danos causados por un vehículo nun farol na rúa Tras Alameda.

Xestión urbanística (2). Aprobación inicial do proxecto de delimitacion do polígono UR 1b da zona 2 do SU-32 do Plan Xeral de Ordenación Municipal e dos estatutos e as bases de actuación para a xestión urbanística do dito polígono.

Infraestruturas (1). Autorizacion de inicio de procedemento para a modificacion do contrato das obras do proxecto construtivo de “Acondicionamento e mellora dos espazos urbanos na rúa Alejandro Pedrosa”, asi como da continuación provisional das obras.

Xuventude (1). Aprobación das bases para participar na celebración do Día Internacional da Danza 2026 do Concello de Ourense.

Avogacía consistorial (7). Dará conta dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e doutra do Tribunal de Instancia da Sección do Contencioso-Administrativo Praza número 2 de Ourense. A Xunta de Goberno tamén será informada de que o Concello comparecerá en 5 procedementos xudiciais ante os tribunais de instancia sección de instrución prazas número 1 e 2 de Ourense, e número 1 de Vigo.

Publicacións Relacionadas