A Xunta de Goberno Local tratará mañá 30 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 2

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense desenvolverá mañá xoves, día 13 de marzo, a súa sesión ordinaria desta semana, con 30 asuntos na súa orde do día.

Licenzas (10)

· Seis proxectos: para a rehabilitación dun edificio de vivendas na rúa Pena do Vao; para a instalación de ascensores en edificios das rúas Alejandro Pedrosa, Arnoia (2) e Avenida de Santiago; e o proxecto modificado para a rehabilitación dun edificio na rúa Julio Prieto Nespereira.

· Solicitude de ampliación de prazo para presentar o proxecto de execución de adaptación de baixo a vivenda nun edificio na Avenida de Portugal

· Solicitude de título habilitante de natureza urbanística para a execución dunha pérgola en Cardenao, Castro de Beiro

· Solicitude de licenza de segregación dunha parcela sita en Rairo

· Renuncia a unha licenza de construción de vivenda unifamiliar

Aperturas (1)

Proxecto técnico de reforma e actividade para o acondicionamento de local para uso administrativo-formativo na Praza Rafael Dieste.

Patrimonio (6)

Catro reclamacións de responsabilidade patrimonial, a corrección dun erro material nun acordo dunha xunta de goberno anterior e un acordo de cumprimento dunha sentenza.

Contratación (1)

Expediente de contratación baixo a modalidade de contrato baseado no acordo marco para a contratación da subministración de electricidade da Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Asesoría xurídica (1)

Dación de conta á Xunta de Goberno Local do recurso no procedemento ordinario 138/24 para a modificación da concesión do aparcamento da rúa Xoán XXIII – Parque de San Lázaro.

Avogacía Consistorial (11) A Xunta de Goberno dará conta de 3 sentenzas e 1 auto ditados polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1, e dun auto do número 2. Ademais, o Concello comparecerá en 6 procedementos diante destes dous mesmos xulgados.

Comparte este artigo