HomeOurenseA Xunta de Goberno Local tratará mañá 36 asuntos na súa sesión...

A Xunta de Goberno Local tratará mañá 36 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 36 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que terá lugar mañá, xoves, 27 de febreiro, no salón de plenos.

Licenzas (7)

· Solicitude de prórroga para o inicio das obras maiores para o proxecto básico de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na estrada de Santa Mariña

· Solicitude de licenza urbanística para o proxecto básico e de execución para a instalación de ascensor nun edificio de vivendas na rúa Barrocás

· Solicitude de licenza de obra para actuacións de reparación e restauración da balaustrada de peche do patín sur da Catedral de San Martiño de Ourense

· Rectificar un acordo na acta da Xunta de Goberno do 16 de xaneiro do 2025

· Solicitude de licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución de construción dun edificio para vivendas na Avenida de Zamora

· Solicitude de titulo habilitante de natureza urbanística para o proxecto básico de construción dunha vivenda unifamiliar pareada na rúa Irmáns Casas

· Solicitude de titulo habilitante de natureza urbanística para proxecto de cambio a uso residencial dunha oficina na planta baixa dun edificio na rúa da Canle

Aperturas (1)

· Solicitude de cambio de titularidade da licenza de obra e actividade para o proxecto básico e de execución de residencia para persoas maiores entre as rúas Vicente Risco e Ramón y Cajal

Patrimonio (9)

· Seis reclamacións de responsabilidade patrimonial, un expediente de recuperación de oficio de danos causados por un vehículo na rúa Salvador Dalí e dous recoñecementos de obrigas derivados do cumprimento de sentenzas.

Contratación (3)

· Expediente para contratar o mantemento dos aplicativos que dan soporte a tesourería, intervención, xestión tributaria e recadación, xestión económica e estatística do Concello de Ourense.

· Devolución de garantía provisional correspondente ao contrato de servizo de transporte colectivo urbano do Concello para os exercicios 2025 a 2029

· Acordar, se procede, a prórroga forzosa do contrato de axuda no fogar do Concello de Ourense

Educación (1)

· Bases e convocatoria de subvencións para financiar actividades e proxectos pedagóxicos de Federacións e Asociacións de Nais e Pais existentes no Concello de Ourense

Persoal e recursos humanos (2)

· Retribucións dos funcionarios públicos. Complemento específico. Modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT). Inclusión dos pluses de nocturnidade e festividade do Corpo da Policía Local dentro do complemento específico dos postos de traballo. Proposta definitiva para aprobación inicial.

· Retribucións dos funcionarios públicos. Complemento específico. Modificación da RPT. Inclusión dos pluses de nocturnidade e festividade do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento dentro do complemento específico dos postos de traballo.

Xestión económica e orzamentaria (1)

· Facturas do ano 2024 non aprobadas no dito exercicio. Recoñecemento Extraxudicial de Créditos XGL 02/2025.

Avogacía Consistorial (12)

· Dar conta dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, outra do Xulgado do Penal número 1, 1 sentenza do Contencioso Administrativo número 1 e 2 sentenzas e 1 auto do Contencioso número 2. O Concello comparecerá en 6 procedementos diante dos xulgados do Contencioso Administrativo número 2 e de Instrución número 1

Publicacións Relacionadas