HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local tratará mañá, na súa sesión ordinaria, trece...

A Xunta de Goberno Local tratará mañá, na súa sesión ordinaria, trece asuntos

- Anuncio -spot_img

Aprobará as bases para a selección de proxectos da Escola Municipal Continua

A Xunta de Goberno Local que se reunirá mañá xoves, día 29 de xaneiro na súa reunión ordinaria tratará trece asuntos distribuídos nas áreas que se detallan a continuación:

I. Licenzas Urbanísticas, de Actividade e Disciplina

  • Vivendas Unifamiliares:
    • Proxecto básico de construción de vivenda unifamiliar en Cardenao
    • Reforma dunha vivenda unifamiliar illada na rúa Regueiro Fozado
    • Cambio de titularidade da licenza de obra para unha vivenda unifamiliar na Urb. Pazo de Ramirás
  • Accesibilidade e Ascensores:
    • Reforma de cinco portais e modernización de ascensores no Edificio Malingre (rúa Ervedelo e avda. de Portugal)
    • Instalación dun ascensor na rúa Vasco Díaz Tanco
    • Instalación dun ascensor na rúa Nicomedes Pastor Díaz
    • Instalación dun ascensor na rúa San Paio
    • Instalación dun ascensor e construción dun garaxe nunha vivenda na rúa da Amizade
  • Locais e Outras Reformas:
    • Reforzo estrutural da planta baixa nun local comercial na praza de Santa Eufemia
    • Legalización e terminación dunha reforma de vivenda na rúa Doutor Marañón

II. Patrimonio e Responsabilidade Patrimonial

  • Responsabilidade Patrimonial:
    • Reclamación por danos nun vehículo na OU-1211 (Entrimo)
    • Recurso de reposición por reclamación de lesións tras unha caída na rúa Ramón Cabanillas

III. Educación

  • Escola Municipal Continua:
    • Aprobación da convocatoria e bases para a selección de proxectos para a Escola Municipal continua.

Publicacións Relacionadas