Free Porn
xbporn
Home Ourense O Pereiro de Aguiar A Xunta destaca a aposta de Mecanizados Rodríguez Fernández pola innovación e...

A Xunta destaca a aposta de Mecanizados Rodríguez Fernández pola innovación e o deseño estratéxico para mellorar a súa competitividade

- Anuncio -
  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou esta mañá a peme ourensá, que está a deseñar novos produtos e mellorar procesos co apoio dos programas DeseñaPeme e InnovaPeme da Xunta de Galicia
  • A convocatoria de 2024 destas dúas liñas de axuda está aberta ata o vindeiro 13 de marzo
  • Nas edicións anteriores das convocatorias de DeseñaPeme e InnovaPeme apoiáronse 310 pemes, cunha mobilización de 44,5M€ de investimento en innovación, dos que a Xunta achegou 22,25M€

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou hoxe a aposta que a empresa ourensá Mecanizados Rodríguez Fernández (MRF), co apoio da Xunta, está a facer pola innovación e o deseño estratéxico para mellorar a súa competitividade.

A empresa, dedicada ao deseño e fabricación de accesorios en aceiro e solucións para a carrocería industrial no sector da automoción e outros sectores industriais, está a desenvolver un plan de innovación co apoio do programa InnovaPeme 2023 da Xunta de Galicia. O obxectivo é incrementar a súa produtividade incorporando sistemas de robotización e automatización.

Ademais, en convocatorias anteriores deste programa, tamén obtivo apoio para implementar outro plan de innovación para mellorar a xestión intelixente das operacións e a creación dun departamento de I+D+i. Por outra banda, no eido do deseño, redefiniu a súa identidade corporativa e lanzou novos produtos como un sistema electrónico para pechaduras, logo de participar en pasadas edicións do programa DeseñaPeme da Axencia Galega de Innovación.

A directora de Gain subliñou a aposta pola innovación da empresa ourensá, que participou en múltiples programas de apoio á I+D e á innovación da Xunta nos últimos anos e que resultou finalista dos Premios Galicia de Innovación e Deseño 2023. Destacou tamén a importancia de incorporar o deseño á estratexia empresarial, porque permite contemplar as necesidades dos clientes desde a propia conceptualización do produto e servizo, e destacou o exemplo de Mecanizados Rodríguez como peme do sector industrial que aposta polo deseño como elemento diferencial.

Argerey aproveitou para lembrar que a convocatoria deste ano do programa DeseñaPeme e InnovaPeme, dotada con 4,5M€, está aberta ata o vindeiro 13 de marzo. DeseñaPeme apoia accións para conceptualizar e deseñar novos produtos, servizos e experiencias, así como mellorar a marca e identidade corporativa co obxectivo de promover a cultura da innovación nas pemes galegas e, deste xeito, aumentar a súa competitividade. Pola súa banda, InnovaPeme céntrase en apoiar a innovación en procesos e organización.

Desde 2017 entre ambas as dúas convocatorias, DeseñaPeme e InnovaPeme, téñense beneficiado 310 pemes, mobilizando 44,5 M€ de investimento en innovación, dos que a Xunta financiou un 50% -22,25 M€-.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

Publicacións Relacionadas