Home O Ribeiro Cortegada A Xunta destaca a colaboración co concello de Cortegada para impulsar o...

A Xunta destaca a colaboración co concello de Cortegada para impulsar o Polígono Industrial, cun investimento final que supera os 820.000€

- Anuncio -

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, visitou hoxe as últimas actuacións, que permitiron mellorar a infraestrutura viaria de acceso ao parque empresarial

— A Administración autonómica destina este ano 5,6 millóns de euros para a mellora e modernización dos polígonos industriais de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe o polígono industrial de Cortegada, onde o Concello investiu máis de 820.000 euros nos últimos anos, dos que 644.000 euros se corresponden co apoio da Xunta. As últimas melloras contaron cun investimento de máis de 68.000 euros –cunha axuda da Xunta de máis de 54.000 euros, o 80%– e permitiron mellorar a infraestrutura viaria de acceso ao parque.

Tal e como sinalou Conde, o Goberno galego traballa cos concellos para impulsar melloras nos polígonos industriais co obxectivo de modernizar as instalacións e servizos para facelos máis competitivos e favorecer a implantación de novas empresas, co que iso supón para a economía e o emprego nos concellos de Galicia; así como para dotalos de infraestruturas enerxéticas eficientes que lles permitan cubrir a súa demanda de electricidade cun menor custo.

Búscase así que a oferta de solo empresarial en Galicia sexa competitiva para captar novos investimentos cara ao tecido industrial. E, por outra banda, que as empresas xa instaladas poidan desenvolver a súa actividade con acceso a servizos e infraestruturas de calidade.

Con esa premisa, este ano a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 5,6 millóns de euros á mellora e modernización dos parques empresariais. A través da liña de apoios para a mellora de infraestruturas, dotada con 2,1 millóns de euros e que está agora mesmo en fase de avaliación de solicitudes, achegaranse axudas máximas de ata 120.000 euros ou, se a solicitude é conxunta, de 138.000. Xunto con estes apoios, seguiranse executando este ano outros 3,5 millóns de euros máis. Neste caso, en apoios concedidos para a posta en marcha de viveiros industriais e para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica.

Desde o ano 2016 xa se executaron preto de 17 millóns de euros en apoios para a modernización e renovación de infraestruturas nos parques empresariais galegos. Na selección de proxectos cómpre lembrar que os Concellos Emprendedores teñen vantaxe, como é o caso do Concello de Cortegada, un dos 65 Concellos Emprendedores da provincia de Ourense.

Relacionadas

O Concello pon en marcha unha nova edición do proxecto Convívere, con dez obradoiros...

0
As persoas interesadas poden inscribirse até o 16 de xaneiro A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense inicia unha nova edición do Proxecto Convívere, con...

A Cabalgata de Reis de Ourense ocasionará cortes de tráfico o domingo pola tarde...

0
A celebración da Cabalgata de Reis 2025 de Ourense requirirá levar a cabo cortes de tráfico en varias rúas da cidade o vindeiro domingo,...

A Xunta mellora o Centro Ocupacional e de día do concello de Valga cun...

0
As actuacións son o resultado dos convenios de colaboración asinados entra ambas administracións no 2024Ademais das obras realizadas, concedeuse unha achega para a compra...

As súas Maxestades de Oriente repartirán ledicia e agasallos a pacientes e meniños no...

0
Coa organización e patrocinio da Asociación Cultural O Chopo, durante a mañá do vindeiro domingo 5 de xaneiro, os doentes ingresados nos andares do...

Galicia consolida a internacionalización do destino e roza os 7 millóns de viaxeiros nos...

0
O turismo internacional continúa medrando consolidando un peso do 31% e superando por primeira vez os 4 millóns de noitesOs datos do INE feitos...

A Xunta prevé o pago de máis de 15M€ aos colexios de avogados e...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica as ordes para o cuarto trimestre de 2024 e os tres primeiros de 2025 para compensar a...

Publicacións Relacionadas