Home O Ribeiro A Arnoia A Xunta destaca a súa aposta polo termalismo na inaguración do XVI...

A Xunta destaca a súa aposta polo termalismo na inaguración do XVI Encontro de Vilar Termais de Arnoia

- Anuncio -

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén asistiron esta mañá a inauguración do encontro


 O temalismo é un produto turístico estratéxico para Galicia, que é líder neste recurso tanto pola súa abundancia como pola súa calidade e singularidade, polo que Nava Castro destacou a creación dunha área de Turismo Termal en Ourense

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén asistiron esta mañá a inauguración do XVI Encontro de Vilas Termais celebrado no Balneario de Arnoia, onde Nava Castro destacou a aposta do Goberno galego polo termalismo.

A directora de Turismo indicou que o turismo termal ofrece o que os turistas demandan hoxe en día, un turismo tranquilo e sen masificacións, de aí o auxe na nosa comunidade do turismo termal. “Grazas a todo iso, a día de hoxe Galicia é un dos principais destinos termais de España e tamén no eido internacional, xa que é o segundo lugar de Europa con maiores reservas de augas mineromedicinais”, resaltou Nava Castro.

Durante a súa intervención, amosou o compromiso do Goberno galego co termalismo, co Plan de Vilas Termais e Cascos Históricos que pivotará arredor do desenvolvemento do termalismo galego como un elemento diferencial da oferta turística galega que permita o desenvolvemento de zonas rurais e de destinos urbanos a través dunha oferta turística única e de calidade.

O temalismo é un produto turístico estratéxico para Galicia. Galicia é lider neste recurso tanto pola súa abundancia como pola súa calidade e singularidade, polo que neste senso, Nava Castro destacou a creación dunha área de Turismo Termal en Ourense, mediante a cal se fomentará a modernización das infraestruturas existentes, diversificar o sector para atraer novos segmentos de poboación, promover a integración do termalismo galego en proxectos europeos de turismo de saúde e a creación dunha marca propia que identifique o turismo termal galego, entre outros.

“Somos líderes en número de establecementos deste tipo con Q de Calidade Turística.
En concreto, máis do 20% dos balnearios españois distinguidos con este distintivo están en Galicia, o que é un orgullo para todos”, rematou a directora de Turismo.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas