Home Valdeorras A Veiga A Xunta destaca na Veiga que o impulso de viveiros industriais favorece...

A Xunta destaca na Veiga que o impulso de viveiros industriais favorece a implantación inicial e a consolidación de empresas

- Anuncio -

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou este concello ourensán ao que o Goberno galego destina 240.000 euros para apoiar unha destas infraestruturas

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou esta mañá as obras do viveiro de empresas que a Xunta de Galicia apoia na Veiga dentro das axudas para impulsar este tipo de infraestruturas nos concellos galegos.

Trátase dun dos sete viveiros apoiados na última convocatoria e ten cunha superficie construída de 556,67 metros cadrados para albergar zonas comúns tanto para o servizo de emprendedores e produtores locais, como para a venda de produtos locais, charlas ou exposicións. Ademais conta cunha zona de salas independentes para diferentes usos como laboratorio ou despece de carne. No exterior haberá zonas verdes e aparcadoiros.
O investimento total ascende a 440.000 euros dos que a Xunta achega un total de 240.000 euros.
Tal e como explicou a secretaria xeral, este tipo de infraestruturas contribúen a favorecer a implantación inicial e consolidación de empresas converténdose nun apoio importante para novos empresarios durante as primeiras etapas de actividade e para a implantación de empresas. Desde a posta en marcha desta liña de axudas en 2016, a Administración autonómica xa apoiou un total de 24 viveiros industriais que mobilizaron 6,88M€.

A liña forma parte dos apoios que a Xunta de Galicia ofrece aos concellos galegos para mellorar as súas zonas empresariais. Así, o Goberno galego aposta por fortalecer o tecido industrial afincado en Galicia, mellorando a súa competitividade; así como modernizar as infraestruturas de apoio ao tecido empresarial. Pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas