Home Ourense O Ribeiro A Xunta e o concello de Ribadavia avanzan en iniciativas para a...

A Xunta e o concello de Ribadavia avanzan en iniciativas para a dinamización comercial desta vila

- Anuncio -
  • Na xuntanza púxose de relevo a importancia de continuar con medidas como as que desenvolve este municipio co apoio do Goberno galego a prol do tecido comercial
  • Destacouse o labor desta vila para o aproveitamento e posta en valor do seu potencial turístico e enogastronómico salientándoos como atractivos para o fortalecemento do comercio de proximidade
  • Ambas partes estudarán a creación dun calendario coordinado de eventos comerciais no casco histórico para promover a atracción de visitantes e potenciar o atractivo do concello durante todo o ano
  • O Goberno galego realiza un importante esforzo a prol deste sector con actuacións financiadas integramente con fondos propios e para as que solicitou ao Goberno central acceder a fondos europeos que o Executivo ten sen executar

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hoxe co alcalde de Ribadavia, César Fernández, para abordar distintas iniciativas en marcha enfocadas á dinamización comercial da vila e a impulsar as compras de proximidade.

Na xuntanza púxose de relevo a importancia e necesidade de continuar con medidas como as que desenvolve este municipio en colaboración co Goberno galego e relacionadas coa mellora das infraestruturas comerciais e coa dixitalización do comercio tradicional. O obxectivo é potenciar o comercio como un motor de dinamización socioeconómica e turística e fusionar a tradición e a innovación atendendo ás novas tendencias do mercado.

Neste sentido, tamén se destacou o labor levado a cabo por este concello para o aproveitamento e posta en valor do seu potencial turístico e enogastronómico salientándoos como atractivos para a dinamización comercial. Entre este potencial destaca que a vila conta cun casco histórico medieval único e, como capital do Ribeiro, cunha destacada tradición vitivinícola e oferta termal. 

Ademais, estudarase a creación dun calendario coordinado de eventos comerciais no casco histórico, como feiras e mercados artesanais e xornadas de promoción de produto local, entre outros. A finalidade é fomentar a atracción de visitantes, potenciar o atractivo do concello durante todo o ano e, ao mesmo tempo, fortalecer o comercio local. Trátase de actuacións que concordan coa esencia do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que se prevé ter finalizado neste primeiro trimestre.

Neste eido, o Goberno galego está a realizar un importante esforzo a prol do pulo ao comercio de proximidade e demandou ao Executivo central maior colaboración para potenciar este eido. Neste sentido, a Xunta solicitou ao Goberno estatal a asignación de fondos europeos que reservou e non está a executar.

Relacionadas

O Enterro da Sardiña ocasionará cortes de tráfico esta tarde en treitos das rúas...

0
A Policía Local do Concello de Ourense reitera que o desfile do Enterro da Sardiña requirirá realizar cortes de tráfico esta tarde na cidade...

Mais de 1.000 persoas traballadoras de preto de 100 empresas benefícianse das Mmicroformacións apoiadas...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se dá publicidade ás axudas concedidas desta iniciativa para realizar formacións non regradas...

Lete destaca o músculo galegono atletismo da man dos irmáns CHamosa que competirám no...

0
_Subliña o excelente momento do atletismo galego que nos Xogos de París igualou o seu récord histórico con sete representantes O secretario xeral para o...

A Xunta traslada a súa solidariedade á familia de Diego Bello na súa visita...

0
—A directora da oficina da Fundación Galicia Europa na capital comunitaria, Ana Ramos, reuniuse con familiares e o avogado do mozo galego asasinado en...

Turismo de Galicia avanza na internacionalización da oferta coa presenza na Feira ITB Berlín...

0
A Axencia contará cun espazo propio dentro do stand de Turespaña, a través do que chegar aos públicos profesionais visitantes deste evento. Galicia afianza a...

Galicia gaña case 17.000 aficiliacións na comparativa anual e reduce o paro a un...

0
A cifra de desemprego acadada en Galicia en febreiro -120.977- é a máis baixa neste mes desde que hai serie histórica (1996)José González subliñou...

Publicacións Relacionadas