HomeOurenseO RibeiroA Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes...

A Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas da provincia de Ourense, nos concellos de Padrenda e de Ribadavia

- Anuncio -spot_img

― As novas actuación realizaranse na estrada OU-801 e proseguirán na OU-310, no seu percorrido por Verín ou Vilardevós


― Continuarán os labores na autovía AG-59, en Teo; e na vía de altas prestacións VG-1.3, ao paso por Oleiros, Cambre e Sada


― Tamén continuarán as tarefas na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o alto do Faro; e na estrada LU-152, que conecta Foz e Ferreira de Valadouro


― Ademais seguiranse as intervencións na PO-551, en Moaña; na PO-504 en Sanxenxo, e nas vías de altas prestacións: VG-4.5, en Moaña e Cangas; e VG-4.7, en Carril e Baión


― A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade leva investido 8,3 M€ desde o ano 2018 nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas, a través da encomenda á empresa pública Seaga

A Xunta iniciará o luns traballos de roza e limpeza nas marxes das vías autonómicas da provincia de Ourense, concretamente, na OU-801 ao seu paso polos concellos de Padrenda e de Ribadavia.

A próxima semana continuarán, ademais, nesa provincia as tarefas de limpeza xa iniciadas na estrada OU-310, no seu percorrido por Verín ou Vilardevós.

Os traballos tamén proseguirán nas vías autonómicas da provincia da Coruña: na autovía AG-59, en Teo; e na vía de altas prestacións VG-1.3, ao paso por Oleiros, Cambre e Sada.

Na provincia de Lugo continuarán os traballos na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o alto do Faro; e na estrada LU-152, que conecta Foz e Ferreira de Valadouro.

No caso da provincia de Pontevedra seguirase coas tarefas de limpeza iniciadas na PO-551, en Moaña; na PO-504 ao seu paso polo municipio de Sanxenxo, onde se executan traballos de axardinamento na rotonda de Vinquiño; e nas vías de altas prestacións: VG-4.5, en Moaña e Cangas; e na VG-4.7, en Carril e Baión.
Seguridade viaria
Estas intervencións, impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, enmárcanse no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.

As novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.
Como novidade, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Publicacións Relacionadas