Home Ourense A Xunta inviste 35.000 euros na ampliación e mellora de tres parques...

A Xunta inviste 35.000 euros na ampliación e mellora de tres parques infantís no concello ourensán de San Cibrao das Viñas

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou os espazos renovados no marco da Orde de infraestruturas municipais, dotada con 3,5M€

― O municipio beneficiouse tamén dunha axuda de 23.500 euros para a adquisición dun vehículo con distintivo ECO ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

― As achegas da Xunta no marco das distintas liñas de apoio ao eido local sumaron nos últimos anos máis de 340.000 euros

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou recentemente o concello de San Cibrao das Viñas para coñecer as actuacións desenvolvidas ao abeiro de diferentes axudas da Xunta ás administracións locais e que supuxeron neste municipio achegas de case 58.500 euros.

Así, no marco da Orde de creación e mellora de infraestruturas destinadas á prestación de servizos municipais renováronse tres parques infantís situados en Ponte Noalla, Novo Piñeiral e Outeiro Calvo. A Xunta apoiou as obras con 35.000 euros que se utilizaron para cambiar os xogos existentes por outros tipo torre en cada un dos espazos. No caso de Novo Piñeiral e de Outeiro Calvo recolocáronse as randeeiras previamente retiradas e instalouse tamén pavimento de caucho.

Por outra banda, no marco do Fondo de Compensación Ambiental, San Cibrao recibiu 23.500 euros para a adquisición dun vehículo con distintivo ECO destinado ao servizo de mantemento de parques e xardíns. Deste xeito apóstase por unha dotación respectuosa co medio para o transporte tanto do persoal coma da maquinaria e útiles precisos para o seu labor.

Segundo sinalou Diego Calvo, ambas as iniciativas enmárcanse no compromiso do Goberno galego coas administracións locais, como entidades máis próximas á cidadanía e motores de desenvolvemento. “Trátase así de garantir o equilibrio territorial entre o rural e o urbano, a costa e o interior”, engadiu.

No eido da liña de colaboración para a mellora de infraestruturas, dotada con 3,5M€, o vicepresidente segundo sinalou a relevancia das actuacións nos parques infantís, como “espazos de lecer fundamentais para as familias e a fixación de poboación no rural”. Así, o pasado ano “das 108 axudas concedidas, 29 foron para actuacións de mellora, ampliación ou cubrición destas áreas de xogo”, apuntou.
Diego Calvo destacou tamén a importancia de facilitarlles aos concellos a protección da súa contorna natural a través da adquisición de recursos acordes ás esixencias ambientais da sociedade actual. Neste sentido, lembrou que a Xunta destina máis de 11M€ a impulsar estas accións co Fondo de Compensación Ambiental.

Máis de 340.000 euros das liñas de apoio ao eido local

Ao abeiro das distintas medidas de apoio ao eido local, o concello de San Cibrao das Viñas recibiu nos últimos anos máis de 340.000 euros que permitiron realizar melloras en instalacións deportivas e de lecer, así como nas dotacións municipais dedicadas ao mantemento dos espazos naturais, entre outras accións.

A maiores, Calvo destacou que as entidades locais reciben tamén o apoio autonómico a través do Fondo de Cooperación Local, que este ano suma 143,4M€. Nesta liña, San Cibrao das Viñas recibiu en 2022 preto de 219.500 euros do Fondo Base de Cooperación Local.

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día Mundial da Infancia 2024

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira, acompañado de representantes de diferentes grupos políticos municipais, deu lectura á declaración institucional “Un día para avanzar no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

O 29 de novembro terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Seminario sobre...

0
Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios,  Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños,...

Publicacións Relacionadas