Home Ourense A Xunta participa en Verín na entrega de premios da segunda quenda...

A Xunta participa en Verín na entrega de premios da segunda quenda da campaña ‘Merca no teu Comercio’ na provincia de Ourense

- Anuncio -

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, pon en valor esta iniciativa desenvolvida en colaboración coa Federación Galega de Comercio á que están adheridos máis de 550 comercios en toda a provincia

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta tarde na entrega de premios da segunda edición da campaña Merca no teu comercio celebrada na provincia de Ourense, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta e a Federación Galega de Comercio para estimular as vendas e atraer novos clientes ao comercio local.
Durante o acto procedeuse á entrega dos 50 bonos QR de 200 euros cada un sorteados ante notario entre todos os tíckets correspondentes a compras efectuadas entre desde principios de novembro e ata o día 20 nos máis de 550 comercios adheridos da provincia de Ourense. Ademais, sorteouse de xeito presencial un premio especial de 1.000 euros. Este galardón deberá ser gastado pola persoa agraciada nunha única xornada de compras dentro da semana seguinte ao sorteo, tal e como establecen as condicións de participación.
Estes premios súmanse aos xa entregados na primeira edición da campaña, que se desenvolveu entre o 1 e o 20 de outubro nos comercios adheridos desta provincia, e na que tamén se outorgaron 11.000 euros para mercar nas tendas, entre os bonos e o premio final.
A iniciativa Merca no teu comercio, que tamén se celebrou no resto de provincias galegas, enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do sector.

Relacionadas

O alcalde comunícalle á concesionaria que o servizo da ORA quedará suspendido desde o...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse esta mañá con responsables da empresa concesionaria para comunicarlles que o servizo da ORA na cidade...

A Xunta mostra en Bruxelas as súas medidas innivadoras recoñecidas pola Comisión Europea para...

0
— José González puxo como exemplo o software EMi, premiado hoxe mesmo, ou as que contribuíron a que Galicia acadase o premio Rexión Emprendedora...

A Carballa da Rocha convértese no quinto monumento natural de Galicia en contar cun...

0
― Ángeles Vázquez avanza que inclúe un programa de actuacións que prevé un investimento de preto de 350.000 euros nos próximos dez anos ― Incide...

A Xunta convoca as axudas para facilitar a persoas desempregadas a asistencia aos cursos...

0
— O DOG publica hoxe as bases para acceder a estas bolsas que inclúen financiamento para os gastos de desprazamento, manutención, aloxamento ou conciliación...

O Comité Europeo das Rexións destaca o ditame galego sobre o futuro da pesca...

0
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou esta mañá na última sesión da comisión NAT do actual mandato do Comité...

A Xunta traslada ao tecido empresarial galego que a lei de Administración Ambiental Simplificada...

0
Con esta reunión ponse fin á rolda de contactos iniciada en outubro cos principais sectores, organizacións profesionais e entidades afectadas pola futura norma, unha...

Publicacións Relacionadas