Free Porn
xbporn
Home O Carballiño Maside A Xunta realiza un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior...

A Xunta realiza un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior de Cepsa en Maside

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, participaron na coordinación do exercicio para comprobar a eficiencia do operativo ante unha emerxencia real


― Durante o exercicio soou a serea que avisa á poboación en caso de activación do Plan de Emerxencia Exterior e simulouse un accidente de categoría 2 provocado por unha fuga de propano en fase líquida que se saldou cunha explosión da nube de gas e un posterior incendio no que resultaron 4 persoas feridas

A Xunta realizou esta mañá un novo exercicio de adestramento cun simulacro de emerxencia para comprobar a coordinación durante a activación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de Cepsa Comercial Petróleo no concello ourensán de Maside.

Este simulacro, que aparece contemplado dentro do PEE, consistiu na activación do plan por un accidente de categoría 2 producido durante o proceso de selección de produto no rack de tuberías para descargar propano de cisterna. A apertura do fluxo que comunica o filtro coa liña e o depósito de propano na fase líquida dou lugar a unha fuga pola válvula de purga inferior 3/4” a 6 bar de presión producindo unha deflagración e incendiando a fuga.

Así, informouse ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia e propúxose activar o PEE e a serea de confinamento ademais de mobilizar a efectivos do Servicio de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) do Carballiño, do GES de Ribadavia, da Agrupación da Voluntarios de Protección Civil de Maside, así como o xefe da Area de Servizo de Emerxencias de Ourense e o xefe provincial de Emerxencias.

Tamén se informou ás Urxencias Sanitarias de Galicia 061, á Policia Autonómica, ao Centro Operativo de Servizos (COS) para a Seguridade Cidadá e ao Centro Operativo de Tráfico (COTA). Ademais, constituíse o Centro de Coordinación Operativa (CECOP) e o Posto de Mando Avanzado (PMA) para coordinar a intervención.

Unha vez activado o plan procedeuse ao disparo das sereas que, no caso dunha activación real, serviría como elemento de aviso á poboación para proceder ao seu confinamento á espera de recibir instrucións por parte dos servizos de Protección Civil. Máis alá desta sinal acústica e dunha maior presenza dos servizos de emerxencia e seguridade na zona próxima a planta de CEPSA, a actividade da cidadanía non se viu afectada.

O simulacro artellouse ao redor de que, como consecuencia desta explosión da nube de gas e o posterior incendio, 4 persoas resultaron feridas.

En canto aos danos materiais produciuse unha sobrepresión no interior da planta e radiación térmica, que tamén afectou ás vivendas anexas á industria.

A realización deste exercicio permite mellorar a coordinación dos organismos participantes e que a poboación da zona de Maside afectada por un suposto accidente, se familiarice co son da serea e sexa capaz de identificalo no caso de activación do Plan de Emerxencia Exterior.

Política de prevención
A Xunta aposta pola prevención como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias, liña na que se enmarcan os Plans de Emerxencia Exterior elaborados polo Goberno galego.

O obxectivo dun PEE é determinar os posibles riscos das instalacións industriais e ter preparada a resposta axeitada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente que poida afectar as persoas e ao medio ambiente, establecéndose as medidas de protección necesarias coa mobilización dos recursos humanos precisos na intervención.

A realización dos simulacros, permite a efectiva implantación dos plans e a súa mellora a través das experiencias obtidas no seu desenvolvemento.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

Publicacións Relacionadas