Home Deputacións Deputación Ourense A XXXIX edición da Carreira Popular de Leiro reunirá este domingo a...

A XXXIX edición da Carreira Popular de Leiro reunirá este domingo a máis de 500 participantes

- Anuncio -

Leiro acolle este domingo, 2 de xullo, a XXXIX edición da súa Carreira Popular, unha das máis antigas de Galicia. A cita suma a participación de máis de 500 corredores e conta coa colaboración da Deputación de Ourense.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro para coñecer os detalles desta nova edición da proba co alcalde de Leiro, Francisco Fernández; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; o vicepresidente segundo da Deputación e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández; e os concelleiros de Leiro Ramón Álvarez e Luis Iglesias.

A Carreira Popular de Leiro, incluída dentro do Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e controlada polo Comité Galego de Xuíces, consta duns 10 quilómetros na súa categoría absoluta e diferentes distancias para o resto de categorías masculinas e femininas, que comprenden dende os 5 quilómetros ata os 250 metros na categoría de pitufos.

Esta proba, que celebrarase a partir das 10,00 horas do domingo na área recreativa do Salgueiral, tamén permitirá a participación por equipos -de homes, mulleres e mixtos- na máxima categoría, debendo rematar a proba como mínimo sete corredores do mesmo equipo para optar á clasificación.

A carreira deste domingo retransmitirase en streaming (www.youtube.com/carreirapopulardeleiro.com) con pantalla xigante dende a Praza do Cruceiro de Leiro. Os dorsais e os chips entregaranse no Salgueiral o día da proba dende as 08,00 horas da mañá ata 15 minutos antes de cada proba. A entrega de trofeos realizarase a partir das 12,00 horas na zona de saída-meta da mesma área recreativa.

Actividades para os rapaces

Ademais, enmarcado no fin de semana da Carreira Popular, o sábado 1 de xullo celebraranse unhas “olimpíadas deportivas” gratuítas na Praza do Cruceiro de Leiro. As actividades, que arrancan ás 18,00 horas, abranguerán xogos populares, festa da escuma e animación a cargo de Dj Tibu.

Máis información e inscricións na web www.carreirapopulardeleiro.ccnorte.com

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas