Home Deputacións Deputación Ourense Aberto o proceso de pre-inscrición na Romaría Etnográfica Raigame 2025

Aberto o proceso de pre-inscrición na Romaría Etnográfica Raigame 2025

- Anuncio -

Ata o 5 de marzo, manterase aberto o período de pre-inscrición para todos aqueles que desexen participar na edición de 2025 a celebrar o 17 de maio en Vilanova dos Infantes

Como nas precedentes edicións, a romaría Etnográfica Raigame, festa de Interese Turístico de Galicia e organizada pola Deputación e o Concello de Celanova, mantén o seu compromiso coa cultura tradicional galega

A Romaría Etnográfica Raigame, festa de Interese Turístico de Galicia organizada pola Deputación de Ourense e o Concello de Celanova, ten aberto entre os días 19 de febreiro e 5 de marzo, o período de pre-inscrición para todos aqueles que desexen participar na edición de 2025 a celebrar o 17 de maio en Vilanova dos Infantes.

Como nas precedentes edicións, a Romaría Etnográfica Raigame mantén o seu compromiso coa cultura tradicional galega, contribuíndo á conservación, divulgación e posta en valor da artesanía, a gastronomía, a música, canto e baile tradicionais, sendo dende 2002 un referente na celebración do día das Letras Galegas, tal como o acredita as máis de 5.000 persoas que cada a ano a visitan.

Mostras de oficios tradicionais, degustación de produtos do país, exposicións etnográficas, actuacións de agrupacións folclóricas, monicreques, contacontos, animación de rúa e moitas outras actividades na que participan máis de 100 artesáns e artistas, conformarán unha programación rica e variada que pretende cumprir un ano máis coas pautas de calidade que caracterizan á Romaría Etnográfica Raigame.

A solicitude deberase presentar a través da sede electrónica do Concello de Celanova ou presencialmente na oficina de rexistro, mediante o modelo formalizado que se atopará, xunto coas normas de participación, tanto nas web www.raigame.gal como nas RRSS da Romaría Raigame e do Concello.

Relacionadas

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá...

0
“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na...

Luis López convida a empregar a lingua galega no acto de conmemoración do Día...

0
A Deputación impulsa un certame educativo, con premios valorados en 4.500 euros, para dar a coñecer a obra da poeta galega no que os...

A Deputación aproba o proxecto para a mellora da seguridade viaria na EP-1202 Seixo-San...

0
Os obras, cuxo orzamento ascende aos 610.000 euros e están financiadas integramente con fondos provinciais, terán unha duración aproximada de tres meses A Deputación de...

A Deputación adxudica por 380.000 euros a mellora da mobilidade peonil na contorna da...

0
O presidente provincial Luis López asegurou que as obras, financiadas ao 100% pola Deputación, “van mellorar a contorna e os espazos públicos no treito...

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asiste ao acto de entrega do Premio Laxeiro...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra asistiu hoxe na Sede da Fundación Laxeiro ao acto de entrega do Premio Laxeiro 2025, organizado pola fundación...

A Deputación conmemora o Día Internacional do Guía de Turismo abrindo de maneira gratuíta...

0
A institución provincial únese á celebración desta efeméride e as persoas interesadas poderán coñecer esta edificación histórica de xeito gratuíto este venres ata as...

Publicacións Relacionadas