HomeOurenseO CarballiñoActo polo aniversario da Masacre de Oseira no colexio de Cea

Acto polo aniversario da Masacre de Oseira no colexio de Cea

- Anuncio -spot_img

Hoxe 22 de abril, no Cole de Cea, tivo lugar o acto que homenaxeou aos Mártires de Oseira, no 112 aniversario da famosa masacre de Oseira.

O acto contou coa lectura dun comunicado, a descuberta dunha placa homenaxeando as vítimas e a interpretación por parte do alumnado dun cantar de cego, en colaboración co músico e artesán Roberto Carlos Pérez “O Reberete”

Este acto culmina 2 meses de traballo dun proxecto no eido da Educación Patrimonial, impulsado dende o Prácticum II do Grao de Mestra de Educación Primaria da Universidade de Santiago de Compostela.

O alumnado de 6º traballou a partir da idea “Patrimonios en conflito” que tivo como consecuencia a creación de vínculos patrimoniais con elementos da contorna e a súa intervención social.

Deuse conta das conclusións do proceso de lembranza e memoria dos feitos acontecidos hai 112 anos no noso concello: en Oseira o 22 de abril de 1909. O obxectivo é dar a coñecer a historia e recuperar o pasado dende o presente para mellorar o noso futuro.

Publicacións Relacionadas