Home Ourense Barbadás Actuación de Redrum Teatro na Casa da Cultura de Barbadás

Actuación de Redrum Teatro na Casa da Cultura de Barbadás

- Anuncio -

O venres 16 de decembro as 19h, espectáculo infantil na sala Manuel María a cargo do grupo Redrum Teatro, co espectáculo “A nena que quería navegar”.

Sinopse:

A nena farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial e que só creendo nas nosas capacidades, seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.

“A nena que quería navegar” é unha comedia para o público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima.

Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.

Dirixido a un público familiar a partir de 4 anos. Entrada con invitación (recóllese na Casa da Cultura)

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Luis Menor empraza á Capitalidade de Montaña 2024 para mostrar o compromiso de Ourense...

0
O presidente provincial participou na inauguración das xornadas que fixan a Chandrexa de Queixa como primeiro emprazamento da Capitalidade de Montaña de España 2024,...

O Concello de Ourense festexa o Día da Educación Física na rúa cunha actividade...

0
A actividade reuniu máis de 300 participantes, entre profesorado e alumnado, do CPR Luis Vives Máis de 300 persoas, entre alumnado e profesorado, xuntáronse esta...

A Deputación mobiliza máis de 420.600 euros en axudas para ciclos e festivais culturais,...

0
A Xunta de Goberno tamén autorizou a modificación de obras, dentro do Plan de Cooperación CooperOU, solicitadas polos concellos de Boborás, Leiro, Punxín e...

Publicacións Relacionadas