HomeOurenseBarbadásActuación de Teatro ó Cubo en Barbadás

Actuación de Teatro ó Cubo en Barbadás

- Anuncio -spot_img

O venres 9 de decembro as 12h actuará o grupo de teatro O Cubo, que nos presenta o espectáculo “Nube, Nube, Sol” para tod@s @s alumn@s de primaria dos colexios de Barbadás.

Sinopse:

As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe.

Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro O Cubo achega á primeira infancia maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.

Publicacións Relacionadas