HomeOurenseADIF rexeita a solicitude do Concello e da veciñanza dun paso a...

ADIF rexeita a solicitude do Concello e da veciñanza dun paso a nivel soterrado no barrio de Peliquín

- Anuncio -spot_img

O alcalde cuestiona a decisión da entidade dependente do Goberno de España, que “dá carpetazo a calquera alternativa”, e conclúe: “non teñen ningunha deferencia con Ourense”

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) “deu carpetazo” á solicitude realizada polo Concello de valorar a construción dun paso soterrado para peóns baixo a vía do tren de Peliquín, unha demanda da veciñanza do barrio que conta co apoio de todos os grupos municipais. Así o manifestou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tras recibir un escrito remitido pola entidade dependente do goberno de España, que desatende a petición realizada polo Concello e comunica a súa intención de seguir adiante co proxecto previsto para esta zona.

Explica o alcalde que “enviamos unha carta facendo un último intento de modificar este proxecto, que é unha decisión de sucesivos gobernos do PP e do PSOE, e respóndennos cun escrito no que confirman que se dá carpetazo totalmente a calquera alternativa e manteñen o seu plan. Isto demostra que somos a Cenicienta de España, que o goberno socialista non ten ningunha deferencia con Ourense e que os socialistas de Ourense non teñen forza para pedir ese movemento en Madrid”, manifestou.

Na carta, o alcalde de Ourense, por acordo de todos os grupos, trasladáballe a ADIF “o profundo malestar existente entre a veciñanza do barrio”, que considera conveniente “executar un paso soterrado para peóns no mesmo lugar do actual paso a nivel”. Unha solución que, indicaba o rexedor, “suporía unha mellora notable na mobilidade e na seguridade da zona”. Por estes motivos, o alcalde solicitaba “unha reunión co obxectivo de estudar a viabilidade de incorporar o paso soterrado proposto polos veciños”.

En contestación a esta carta, o gabinete de Presidencia de ADIF remitiulle ao Concello un escrito no que ignora a solicitude de reunión e non valora alternativa ningunha para as obras proxectadas. Informan que no marco desta actuación “concluíuse que no emprazamento do actual paso a nivel de Peliquín, por aspectos como a seguridade cidadá, o mantemento e o espazo dispoñible disporase dunha pasarela peonil sobre as vías do ferrocarril para garantir a permeabilidade transversal dos peóns nese mesmo punto, garantindo a plena integración e permeabilidade das infraestruturas ferroviarias ao seu paso polo barrio” e que, en consecuencia, se están executando as citadas obras.

Publicacións Relacionadas