Free Porn
xbporn
Home Ourense Adriana Álvarez encabezará a lista do PPdeOU en Vilardevós

Adriana Álvarez encabezará a lista do PPdeOU en Vilardevós

- Anuncio -

· O presidente provincial define á futura candidata -que tomará o relevo do alcalde, Manuel Cardoso, trala súa decisión de non aspirar á reelección- coma unha muller “moi comprometida coa terra, e que agora da o salto á política municipal dende a súa aposta polo rural, os servizos públicos de calidade e a dinamización do territorio”

· Manuel Baltar recoñece o “excelente traballo desenvolvido nos últimos 12 anos por Manuel Cardoso, sempre coa meta de reforzar o benestar dos veciños de Vilardevós nunha labor referendada con tres maiorías absolutas consecutivas”

· Adriana Álvarez sitúa como obxectivos chave “seguir consolidando os servizos públicos, fomentar os sectores da gandaría e agricultura e atraer novos emprendedores”

Adriana Álvarez será a candidata do PPdeOU en Vilardevós nos vindeiros comicios municipais, despois de que o actual alcalde, Manuel Cardoso, decidise non aspirar á reelección. O presidente provincial, Manuel Baltar, reuniuse coa futura cabeza de lista para avanzar os detalles dunha candidatura coa que, explica Manuel Baltar, “o PPdeOU garante seguir o camiño de progreso trazado por Manuel Cardoso, e que a partir do 28 de maio liderará unha muller completamente preparada para asumir os novos retos e seguir construíndo o futuro deste concello”.

O presidente provincial recoñece o “excelente traballo desenvolvido nos últimos 12 anos por Manuel Cardoso, sempre coa meta de reforzar o benestar dos veciños de Vilardevós nunha labor referendada con tres maiorías absolutas consecutivas”. Este compromiso público, pon en valor Manuel Baltar, “é un espello para todos nós e será, sen dúbida, un proveitoso punto de partida para a futura alcaldesa”.

Manuel Baltar define a Adriana Álvarez como unha muller “moi comprometida coa terra, e que agora da o salto á política municipal dende a súa aposta polo rural, os servizos públicos de calidade e a dinamización do territorio”. A nova candidata, explica o presidente provincial, “é unha garantía para o futuro de Vilardevós”.

Pola súa banda, Adriana Álvarez sinala que da este paso para “seguir consolidando os servizos públicos do concello”. A futura candidata do PPdeOU en Vilardevós tamén sitúa como obxectivos chave “fomentar os sectores da gandaría e agricultura, ademais de atraer novos emprendedores”.

A cabeza de lista nos comicios do 28 de maio avanza que “traballarei arreo para que os veciños e veciñas do noso concello manteñan e reforcen a súa confianza no PPdeOU. Co exemplo de Manuel Cardoso, esforzareime ao 100% para seguir avanzando e facilitar en todo o que poidamos a vida dos veciños de Vilardevós”.

Experiencia na empresa privada

Adriana Álvarez Delgado, 34 anos, estudou un ciclo superior de administración de empresas. Casada e con dous fillos, leva dende que terminou os estudos traballando nunha empresa.

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas