O proxecto Aldearmos é un “programa de democratización cultural do e no rural” da Rede Aldear.
O sábado 4 de marzo, na casa Terra Alma en As Eiras (Laza).
Aldearmos Laza contará cun concerto, unha visita guiada, un obradoiro e mostra de cociña e unha conferencia. A Vicerreitoría de Extensión Universitaria da UVigo inaugurará unha mostra na Casa Terra Alma coas obras premiadas na sección de fotografía dos concursos culturais da Universidade de Vigo dos anos 2021 e 2022 e o investigador da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense Deibe Fernández Simo ofrecerá unha conferencia sobre educación social en contornas naturais privilexiadas.
O concerto correrá a cargo de Cinta Adhesiva, grupo poético e musical que homenaxea ao escultor Buciños (https://cintaadhesiva.bandcamp.com/album/buci-os-ou-modelar-o-amor-co-vento)
O evento rematará cunha visita guiada e de observación de avifauna na contorna das Eiras.
ALDEARMOS LAZA – PRÓXIMO SÁBADO 4 DE MARZO – EIRÁS (LAZA)
🫂 10:00 Aldear Acompaña: presentación da Rede Aldear. Casa Terra Alma.
👩🏽🍳 10:30 Sabor a Laza!!!: Obradoiro para identificar, consumir e cociñar prantas da nosa contorna. Dende o xardín da Casa Terra Alma.
📸 11:00 Inauguración da exposición ’Premios culturais da Universidade de Vigo – Obras premiadas en fotografía 21-22’ cedida pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da UVigo. Casa Terra Alma.
👨🏻🎓 12:30 Aldear-Campus Auga: Deibe Fernández-Simo. ’Educar é natural’. Educación social en contornas naturais privilexiadas. Xardíns casa Terra Alma.
🎤 13:00 CONCERTO: Cinta Adhesiva. Casa Terra Alma.
👨🏻🎓🦅 16:30 Visita guiada e observación de avifauna na contorna das Eiras. Saída e chegada á Casa Terra Alma.