As luces artificiais non se poden comparar ao espectáculo que é a natureza. Non hai meirande espectáculo que un bosque.
Este ano, o nadal ten un día máis. O 7 xaneiro, despois de que veñan os Reises, Aldearmos Xurés programará toda unha xornada dedicada ás familias para que coñezan máis e mellor o rural galego.
Unha proposta de nadal ecoloxista en torno ao tradición oral. Un Festival de Narradores que contará entre outros con Anxo Moure, Uxía Morán e a docente do campus de Ourense, Susa Herrera e que se realizará na localidade de Grou en Lobios.
A programación completarase con unha andaina na contorna do Parque Natural do Xurés.
Aldearmos é unha iniciativa da Rede Aldear que conta co apoio económico e técnico do Campus de Ourense e co financiamento da AGADIC a través dos fondos Territorio Cultura que fan parte dos Fondos NextGeneration.
ALDEARMOS NO XURÉS – SÁBADO, 7 DE XANEIRO DO 2023
🗣️ 10:30 Aldear Acompaña: presentación da Rede Aldear. Casa do Parque de Grou. https://maps.app.goo.gl/Yg2764fqb6NAafqx6
🌳 11:00 A Universidade das Árbores: como sementar milleiros de ábores con Anxo Moure. Casa do Parque de Grou. [https://andaina.eventbrite.es – INSCRICIÓN NA ANDAINA]
🚶♀️🚶🏻♂️🚶♀️🚶♀️ 11:15 ANDAINA: ruta das Capelas. MiraXurés. Casa do Parque de Grou.
🎅 12:45 CONTACONTOS: ’Pel de Lobo. Un lobo de aldea’ con Anxo Moure. Casa do Parque de Grou.
🧝🏻♀️ 17:30 CONTACONTOS con Uxía Morán. O STOP, Grou. https://goo.gl/maps/21kB48x5f59Ae64ZA
🎤 18:15 CONCERTO con Susa Herrera. ’Cantos Animais’. Aldear – Campus Auga. O STOP, Grou.