HomeOurenseAllariz-MacedaManuel Pérez asume a presidencia do Partido Popular de Paderne de Allariz

Manuel Pérez asume a presidencia do Partido Popular de Paderne de Allariz

- Anuncio -spot_img

·      O tamén alcalde reivindicou unha agrupación unida, forte e presente na vida local, afirmou que “moitas cousas soluciónanse escoitando” e apelou a traballar “polo ben común de Paderne”.

·      O presidente provincial, Luis Menor, puxo ao PP de Paderne de Allariz como un dos exemplos de “relevo ordenado e de confianza que temos no partido”, froito desa “canteira” de persoas que dan un paso á fronte para participar na vida política local “e facelo con vocación de servizo”

Manuel Pérez Nóvoa (Paderne, 1959) foi elixido presidente do Partido Popular de Paderne de Allariz no congreso celebrado pola agrupación local, onde formulou como principal compromiso iniciar unha renovación do partido “cunha maior implicación da militancia”.

Acompañado polo presidente provincial, Luis Menor; a vicepresidenta Marta Novoa; e a secretaria xeral, Sandra Quintas, o tamén alcalde reivindicou unha agrupación unida, forte e presente na vida local. Afirmou que “moitas cousas soluciónanse escoitando”, apelando ademais a traballar “polo ben común de Paderne”. Tamén tivo palabras de recoñecemento para José Manuel Fernández, a quen substituíu na alcaldía meses antes das eleccións municipais de 2023, “a persoa que me fixo estar en política e chegar onde estou”.

Luis Menor, pola súa banda, puxo ao PP de Paderne de Allariz como un dos exemplos de “relevo ordenado e de confianza que temos no partido”, primeiro na alcaldía e agora na agrupación local. Unha transición que é froito, afirmou, desa “canteira” de persoas que dan un paso á fronte para participar na vida política local “e facelo con vocación de servizo”.

O presidente provincial valorou a aposta de Manuel Pérez por involucrar á militancia e consolidar un “partido sólido e unido” nun concello cun goberno estable, para o que compre “seguir mantendo a confianza dos veciños”.

Publicacións Relacionadas