O Concello de Piñor informa da posta en marcha do PROGRAMA DE ACTIVIDADES INFANTÍS DO VERÁN 2023: PIÑOR CONCILIA “DIVERVERÁN”, unha alternativa para a conciliación da vida familiar e laboral (dentro do proxecto Plans Corresponsables) que consiste en actividades diarias para cativos de 4 a 13 anos de idade, estando previsto que se desenvolvan dende o 26 de xuño ó 8 de setembro, de luns a venres de 10:00h a 14:00h no Centro Social, onde nenos e nenas poderán desfrutar de talleres e xogos moi variados.
Dende o 26 de xuño ó 7 de xullo os cativos desfrutarán de actividades impartidas polo Programa de Educación Familiar, mentres que a partir do 10 de xullo dará comezo a programación de actividades de PIÑOR CONCILIA DIVERVERÁN 2023, con xogos deportivos, manualidades, talleres, xogos cooperativos, etc.
Haberá dispoñibles 25 prazas por quenda, para un total de 7 quendas (o mínimo a solicitar é unha quenda, o máximo será 6, salvo nos casos nos que ambos proxenitores acrediten traballar e carecer de período vacacional durante o verán, que poderán solicitar as 7 quendas):
QUENDAS DISPOÑIBLES TEMPORALIZACIÓN
1ª QUENDA Do 26/06/2023 ó 30/06/2023
2ª QUENDA Do 03/07/2023 ó 15/07/2023
3ª QUENDA Do 17/07/2023 ó 28/07/2023
4ª QUENDA Do 31/07/2023 ó 11/08/2023
5ª QUENDA Do 14/08/2023 ó 25/08/2023.
6ª QUENDA Do 28/08/2023 ó 01/09/2023
7ª QUENDA Do 04/09/2023 ó 08/09/2023
As solicitudes de inscrición deberán ser presentadas por un dos proxenitores ou titor/a legal no rexistro do concello, xunto co resto de documentación, dende o 5 de xuño ás 10h ata o 15 de xuño ás 14h. Establécense unha serie de circunstancias ordenadas por puntuación de maior a menor, que dan prioridade na admisión no programa. Cada solicitante sumará o número de puntos total de tódalas circunstancias que poda acreditar documentalmente. Soamente se terán en conta o número de puntos no caso de recibir máis de 25 solicitudes. No caso de exceder este número, elaborarase unha listaxe de espera por quenda. O procedemento réxese polas Bases de adxudicación de prazas de admisión na actividade “PIÑOR CONCILIA DIVERVERÁN”, aprobadas por Resolución de alcaldía do 01/06/2023, e que poden ser consultadas tanto no taboleiro das dependencias municipais como na Sede Electrónica (aquí poderán descargar tamén a solicitude e resto de documentación precisa para a inscrición).
Máis información e inscrición nos Servizos Sociais.