HomeOurenseAprobada por vía de urxencia a tramitación dos contratos para a Zona...

Aprobada por vía de urxencia a tramitación dos contratos para a Zona de Baixas Emisións de Ourense

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local de Ourense celebrou esta mañá unha sesión extraordinaria para abordar, como único punto, a declaración de urxencia dos expedientes de contratación relacionados coa implantación da Zona de Baixas Emisións (ZBE) Ourense Centro.

Esta medida busca acelerar a posta en marcha do sistema que regulará o tráfico na ZBE, así como as actuacións necesarias para o control da calidade do aire e do ruído na área. Ademais, inclúe a creación dunha Oficina de Información e Atención ao Cidadán específica para a ZBE, e a execución dunha campaña de comunicación pública para informar á cidadanía sobre a nova normativa.

Todos estes contratos están parcialmente financiados con fondos Next Generation EU, enmarcados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dunha axuda concedida polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. A declaración de urxencia é un paso fundamental para garantir a pronta implementación deste proxecto, clave para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade urbana en Ourense.

Publicacións Relacionadas