Home O Ribeiro A Arnoia Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle volven a converterse nun “epicentro cultural...

Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle volven a converterse nun “epicentro cultural da provincia” a través da segunda edición do Espírito Ribeiro

- Anuncio -

O festival, que conta co apoio da Deputación de Ourense, celebrarase do 19 ao 21 de agosto cunha programación que mestura a música e a gastronomía con “dous activos fundamentais do Ribeiro, como son a paisaxe e o viño”, resaltou na presentación o vicepresidente segundo, César Fernández

O programa do Espírito Ribeiro combina concertos de Tam Tam Go, A Roda, os Fabulosos Weekend ou unha homenaxe a Raffaella Carrá con actividades paralelas e un mercado de proximidade

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou esta mañá no parque náutico de Castrelo de Miño na presentación da segunda edición de “Espírito Ribeiro”. O evento cultural, con sede na Arnoia, Castrelo de Miño en Cenlle, celebrarase entre o 19 e o 21 de agosto co apoio do goberno provincial e a Xunta de Galicia.

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro estivo acompañado na presentación polos alcaldes de Castrelo de Miño, Arnoia e Cenlle -Avelino Pazos, Rodrigo Aparicio e José Manuel Rodríguez-; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; o presidente do CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares; a xerente do Inorde, Emma González, e o organizador do festival, Juan Rivas.

Cesar Fernández destacou que esta segunda edición “da continuidade ao éxito rotundo deste festival, que permite unir valores do Ribeiro, como é a paisaxe e o viño -o elemento fundamental da nosa comarca-, coa a música e a gastronomía. Con este festival, estes tres concellos convértense nun epicentro da vida cultural de Ourense”.

Avelino Pazos, quen falou en nome dos tres rexedores, destacou que “Espírito Ribeiro é un claro exemplo de cooperación entre administracións. Quero darlle as grazas a todos por colaborar e fomentar o modelo económico da nosa comarca que é ou viño do Ribeiro, bos produtos de proximidade, a natureza, deportes náuticos e todo regado con música”.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta de Galicia asegurou que “Espírito Ribeiro é un triunfo e un exemplo do que se debe facer nun territorio”. Mentres, o presidente do Consello Regulador da DO do Ribeiro, Juan Manuel Casares, insistiu en que “agrádame moito o título, porque resume perfectamente ou latexar desta terra”.

A xerente do Inorde, Emma González, apuntou que “Espírito Ribeiro entronca perfectamente coa proxección de marca turística da provincia de Ourense que promovemos”. E o organizador do festival, Juan Rivas, repasou os detalles da programación do festival, incidindo na importancia da cooperación entre administracións públicas para levar a cabo este proxecto.

Programación da segunda edición do Espírito Ribeiro

A xornada inaugural do venres 19 celebrarase na Arnoia. O grupo de música tradicional galega A Roda será o encargado da apertura. A continuación o grupo de versións liderado polo actor Manuel Manquiña, Os Fabulosos Weekend, repasará algúns dos mellores temas da música pop. Ademais acompañaralles Cañita Brava, como artista invitado.

O sábado día 20, o Espírito Ribeiro trasládase a Castrelo de Miño. “Ciencia que alimenta” do dúo Roto e Descosida, abrirá a xornada cun espectáculo de ciencia para todos os públicos. Roi Casal, un dos referentes da nova xeración musical galega, aterrará en Castrelo de Miño co seu son actual combinado con achegas da cultura tradicional. Como peche da xornada, o espectáculo baseado nunha das grandes divas da música disco, Raffaella Carrá, con “Ciao Raffaella”, unha homenaxe á italiana a través dos seus clásicos.

A sesión final, o domingo 21 en Cenlle, arrincará co pallaso Rony Macarroni e o seu espectáculo para público infantil e familiar. A continuación, o grupo ourensán Soul & Roll interpretará versións de clásicos pop. Para concluír esta segunda edición de Espírito Ribeiro, o programa pecha co grupo Tam Tam Go. Cancións como “Manuel Raquel” ou “Espaldas mojadas” pondrán o peche á segunda edición do festival.

Espírito deste festival

O Espírito Ribeiro conxuga a cultura do viño e a paisaxe coa gastronomía, a música, e o mercado de produto de proximidade, ao tratarse dunha celebración que reúne a representantes do mundo da enoloxía, da gastronomía, do produto local, e na que hai unha mostra das adegas e colleiteiros da comarca do Ribeiro. O obxectivo é difundir o arraigo cultural ao redor da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, impulsora da economía local, que asocia calidade, compromiso social, tradición e arraigo á terra.

A proposta nace coa vocación de servir como panca da economía da comarca nun momento clave onde o turismo rural e de proximidade adquire unha gran forza, sobre todo despois da pandemia. Por tanto, “Espírito Ribeiro” busca promocionar o ámbito local e o valor engadido como ferramenta para a sustentabilidade no rural.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Luis López anuncia un investimento de 1,5 millóns de euros en tres anos no...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, detallou o contido dun plan que contempla a renaturalización da contorna, o deseño de...

A Deputación aproba máis de 100.000 euros para realizar melloras nas infraestruturas deportivas da...

0
O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas xa mobilizou máis de 930.000 euros entre os concellos da provincia A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas...

Publicacións Relacionadas