HomeOurenseArrinca o obradoiro de emprego Montealegre 3, que impartirá formación a 20...

Arrinca o obradoiro de emprego Montealegre 3, que impartirá formación a 20 persoas desempregadas

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, visitou o inicio desta actividade, que ten unha duración dun ano, e incluirá formación teórica e práctica en disciplinas como albanelería, repoboamento forestal ou tratamento silvícola

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou o inicio do obradoiro de emprego Montealegre 3, que impartirá formación a 20 persoas desempregadas.

O proxecto conta cun orzamento total de 636.919,11 euros, e ten unha subvencion da Xunta de Galicia. Durante un ano, o alumnado seleccionado recibirá formación teórica e práctica coa finalidade de mellorar a súas cualificacións e axudalas a acceder a posteriores postos de traballo. O proxecto consta de 2 módulos dedicados a albanelería e pavimentacion, e outro a repoboamento forestal e tratamento silvícola.

Publicacións Relacionadas