Están organizados polo Concello en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia
As bibliotecas municipais do Concello de Ourense acollerán durante este verán espectáculos de contacontos para a cativada, organizados polo Concello en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia. Serán 7 representacións, que se levarán a cabo durante os meses de xullo e agosto, nas bibliotecas da Ponte, San Francisco e A Carballeira. As persoas interesadas poden inscribirse acudindo en persoa ou chamando por teléfono ás bibliotecas
Biblioteca municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández, s/n 988605751
- Martes, 8 de xullo: “O Grúfalo” (de 11.00 a 12.00 h) con Carmen Domech.
- Martes, 22 de xullo “Brincadeira pirata” (de 11.00 a 12.30) con Galerna Crúa.
- Venres, 29: “Contamúsicas” (de 11.00 a 12.00 h) con Raquel de Ana.
Biblioteca municipal de San Francisco
Explanada de San Francisco, s/n 988230124
- Xoves, 10 de xullo: “Pequeño cabaret infantil” (de 11.00 a 11.50 h ) con Nelson Quinteiro.
- Martes, 19 de agosto: “Unha armadura con ferruxe” (de 11.00 a 11.45 h) con Garabato de Xogos.
Biblioteca municipal da Carballeira
Praza Sagrado Corazón, s/n teléfono 988253893
- Venres, 18 de xullo : “Viaxa cos libros” (de 11.00 a 12.00h) con Manuel Solla.
- Martes, 26 de agosto: “Noa no espello” (de 11.00 a 11.50 h) con Sabela.
As bibliotecas abren ao público desde o 15 de xuño até o 15 de setembro, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.