HomeOurenseOurenseAs columnas de pedra da Alameda foron cercadas por valos para a...

As columnas de pedra da Alameda foron cercadas por valos para a seguridade das persoas que acceden ao lugar

- Anuncio -spot_img

Operarios do Concello descubriron esta mañá, mentres realizaban tarefas de mantemento, que as pedras de ambas columnas se movían.


Tras ser inspeccionadas por técnicos municipais, decidiuse proceder ao seu valado e posterior reparación

A área de infraestruturas do Concello de Ourense procedeu a valar e asegurar as columnas que conforman a entrada á Alameda de Ourense ao detectar que as pedras que conforman o conxunto arquitectónico se movían lixeiramente.

A medida, provisional, pretende dar seguridade ás persoas que transitan polo lugar. A intención do goberno municipal é a de desmontar a estrutura, na maior brevidade de tempo posible, e volvela a montar para eliminar este problema.

Esta deficiencia descubriuse esta maña mentres se realizaban tarefas de mantemento nas luminarias, ás que se pretendía dotar de luz, novamente. Logo de ser notificada esta incidencia, técnicos do Concello inspeccionaron ambas columnas, tras o cal adoptaron as medidas necesarias para garantir a seguridade inmediata das persoas, así como a necesidade de acometer un proceso de restauración que estabilice a estrutura.

Publicacións Relacionadas