As dependencias administrativas do Concello de Ourense estarán pechadas o martes, 24, e o martes, 31 de decembro, en virtude do disposto no acordo regulador das condicións de traballo para o persoal do Concello, e a actividade do Rexistro Xeral trasladarase ás oficinas da Policía Local, na rúa Victoria Kent, de 8.30 a 14.30 horas.
As persoas que necesiten dirixise á administración poderán facelo nas ditas dependencias ou nas da Subdelegación de Goberno ou da Xunta de Galicia.