HomeOurenseOurenseAs Festas de Ourense 2022 chegarán mañá á súa última xornada coa...

As Festas de Ourense 2022 chegarán mañá á súa última xornada coa orquestra La Fórmula e unha grande tirada de fogos artificiais ás 23:55h na marxe do Miño

- Anuncio -spot_img

As Festas de Ourense 2022 chegarán mañá, domingo, á súa última xornada, cunha cita destacada: a grande tirada de fogos artificiais, que terá lugar ás 23:55 horas, na marxe do Miño, a cargo da Pirotecnia Josman. O programa da xornada inclúe tamén a actuación da orquestra La Fórmula, que amenizará as festas desde as 20:00 horas na rúa do Progreso, xunto á Alameda. A orquestra, formada en León para estrearse na Xira 2015, está consolidada como unha das referencias da verbena na actualidade, e chega a Ourense en plena forma, logo de actuar esta mesma semana en León, Grijota (Palencia) ou Villalón de Campos (Valladolid), cunha magnífica resposta de público.

A xornada do domingo inclúe tamén unha nova cita coa Gaming experience, desde as 11h no Auditorio, o Mercado Medieval do centro histórico, a Festa da cervexa artesá (Rúa Cruz Vermella, xunto aos xardíns do P. Feijóo), e as barracas festivas, no Parque do Barbaña, onde tamén haberá unha sesión de DJ ás 23.00 horas.

Publicacións Relacionadas