As Festas do Couto ocasionarán cortes de tráfico desde o xoves en varias rúas do barrio

adminON
Lectura mínima de 3

A celebración das Festas do Couto requirirá pechar ao tráfico varias rúas do barrio desde pasado mañá, xoves, día 15 de maio, coa finalidade de permitir a instalación das atraccións festivas, o desenvolvemento das actividades musicais e o espectáculo de drons.

  • Pola instalación de atraccións, desde o xoves, 15 até o luns 19, pecharanse ao tráfico a partir das 17.00 horas as rúas Francisco de Moure, Cándido Fernández Mazas (entre Francisco de Moure e Álvarez de Sotomayor), Vila Real, Dalí (entre Faustino Miguez e Ervedelo), Faustino Míguez e a Praza da Chave.
  • Pola actuación das orquestras, pechará a rúa Dalí (entre Faustino Míguez e a rotonda), o xoves, 15 ás 16.30 h, o venres 16 ás 16.00 h, o sábado 17 ás 09.00 h e o domingo 18 ás 17.00 h Os cruzamentos de Ervedelo coa glorieta do mesmo nome e coa Avenida de Portugal estarán, en principio, abertos ao tráfico pero prevese o seu corte se a elevada afluencia de público o fixese oportuno.
  • Polo espectáculo de drons, o sábado, 17, a partir das 23.00 horas pecharán a rotonda do acceso Centro coa N-120 (desviando o tráfico por Castro Canseco), a Nacional 120 á altura da rotonda (desviando o tráfico por Díaz de la Banda), os accesos á rotonda do mundo, a rúa Avilés de Taramancos con Pardo de Cela (desviando o tráfico en dirección ao centro da cidade), e a Praza de Concepción Arenal con Sáenz Díez (desviando o tráfico cara ao Progreso).

Autobuses e taxis

As liñas do servizo de autobuses urbanos en dirección ao centro da cidade circularán pola Rúa Castro Canseco (con parada provisional no cruzamento coa rúa dos Remedios), Nacional 120, e Pardo de Cela (con parada provisional na rotonda). Os autobuses cara a Vistafermosa non modificarán o seu itinerario posto que non se ten previsto pechar a rúa Ervedelo salvo que, debido á afluencia de público, non fose seguro manter a vía aberta ao tráfico.

A parada de taxis da rúa Vila Real desprazarase a Francisco Lloréns, desde mañá, mércores 14 até o luns 19.

Comparte este artigo