HomeOurenseOurenseAs obras da Avenida de Portugal avanzan a bo ritmo, coa previsión...

As obras da Avenida de Portugal avanzan a bo ritmo, coa previsión de que estean rematadas a finais de ano

- Anuncio -spot_img

Os traballos obrigarán a cambiar o percorrido da Carreira de San Martiño 2025 e a retrasar a entrada en servizo da nova liña circular de autobús

As obras de humanización da Avenida de Portugal, que está a executar o Concello de Ourense, avanzan a bo ritmo e manteñen os prazos de execución previstos, co obxectivo de que estean completamente rematadas a finais deste ano. Porén, a realización dos traballos afectará ao percorrido da próxima edición da carreira pedestre popular do San Martiño e á entrada en servizo da futura nova liña circular do servizo de autobuses urbanos.

No caso da carreira de San Martiño, o Concello deseñará unha nova ruta para a edición deste ano xa que a proba, que se desenvolverá no mes de novembro, non poderá transitar pola avenida en obras. A carreira volverá ter este ano un percorrido excepcional, ao igual que o no pasado, cando non puido circular pola Avenida das Caldas, que daquela estaba sendo reformada.

No caso do servizo de autobuses urbanos, o Concello mantén a entrada en servizo das novas liñas da cidade para o día 16 de setembro, tal e como estaba previsto. Porén, a liña circular, cuxo trazado inclúe a Avenida de Portugal, entrará en funcionamento en 2026, cando rematen as obras de reforma desta avenida.

A humanización da Avenida de Portugal é unha obra cun orzamento de licitación total de 5.989.285,39 euros, que financia o Concello con fondos propios (4.577.533,78 euros) co apoio dunha subvención de 1.411.751,61 euros (equivalente ao 23,5% do total da obra), de fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU.

A intervención, que abrangue toda a superficie da avenida, desde Ervedelo até Marcelo Macías (1,2 km), ten por obxecto renovar o espazo viario con criterios de mellora da accesibilidade e da mobilidade e a renovación de servizos nunha das principais rúas da cidade.

Publicacións Relacionadas