Manterase o paso para o tránsito peonil e habilitarase unha zona para carga e descarga na cima do Parque de San Lázaro.
O avance das obras de humanización da rúa Concordia, que executa o Concello e están próximas á intersección coa rúa Santo Domingo, obriga a pechar ao tráfico rodado o vindeiro luns, 14 de novembro, o primeiro tramo desta céntrica rúa.
Na intersección Concordia – Santo Domingo manterase un paso para o tránsito peonil e os accesos aos diferentes servizos (no caso da sede de Facenda, emprazada nese cruzamento) están garantidos.
A carga e descarga e o acceso á rúa Santo Domingo -para residentes e reparto de mercadorías- deberá facerse desde vías alternativas. A Policía Local habilitará un espazo de traballo na cima do Parque de San Lázaro.
O Concello pide comprensión mentres duren os traballos na zona, que se realizarán da forma máis áxil posible para causar as menos molestias



