As rúas da Canle e Fonte dos Caños estarán pechadas ao tráfico mañá, mércores, 14 de maio, de 9.00 a 14.00 horas pola execución de obras. Este corte de tráfico afectará á liña número 18 do servizo de autobuses urbanos: A Milagrosa – Residencia, que terá inicio e fin de ruta na rúa Roi Páez.
Por outra banda, a causa das obras de acondicionamento na rúa Río Sil, as liñas de autobuses urbanos número 13A: Residencia – Palmés e 13B: A Cuña – Palmés, modificarán desde o xoves, 15, o seu percorrido cara a Palmés. Os vehículos circularán por Río Arnoia, Rúa Río Návea, Ramón Piñeiro, López Ferreiro, Quintián e Santa Teresita. No novo percorrido utilizaranse as paradas actuais das liñas 4 e 7.