HomeOurenseAs termas da Chavasqueira e do Muiño abrirán ao público tan pronto...

As termas da Chavasqueira e do Muiño abrirán ao público tan pronto como o leito do río o permita

- Anuncio -spot_img

As termas da Chavasqueira e do Muíño da Veiga abrirán ao público tan pronto cando o caudal do río Miño o permita. O Concello de Ourense tiña prevista a súa entrada en servizo para o día 1 de abril, coa empresa que gañou a licitación para a xestión destas instalacións.

Porén, as crecidas do río Miño fan necesario levar a cabo traballos adicionais de acondicionamento, limpeza e desinfección destes espazos, que son precisos para que se poidan poñer á disposición do público nas condicións axeitadas , e cumprir os parámetros definidos pola normativa galega reguladora de espazos termais. O Concello ten previsto iniciar a execución destes traballos tan pronto como sexa posible.

O goberno municipal quere lembrar que as crecidas do río Miño que anegan as termas da cidade é unha circunstancia habitual, que vén derivada do seu emprazamento na marxe do propio río.

Publicacións Relacionadas