test
Home Ourense Asociación Amencer e Concello convidan a rapazada da cidade a desfrutar do...

Asociación Amencer e Concello convidan a rapazada da cidade a desfrutar do verán no Campamento Urbano 2024

- Anuncio -

A concelleira de Xuventude, o xerente de Amencer e o director do campamento presentaron a actividade, que chega a súa edición número 37 como referente do lecer de verán en Ourense

O campamento é gratuíto, transcorrerá do 1 ao 13 de agosto e a inscrición pódese realizar por internet ou no local da asociación

A asociación xuvenil Amencer, coa colaboración da Concellería de Xuventude do  Concello de Ourense, organiza unha nova edición do Campamento Urbano “Cidade de Ourense”, que se desenvolverá do día 1 ao 13 de agosto. A concelleira de Xuventude, Tamara Silva, o xerente, Xulio César Iglesias e o coordinador de Amencer, Xulio Vilar, e o director do campamento, Javier Carballo, presentaron no salón do plenos a actividade, que este ano chegará aos 37veráns ininterrompidos poñendo á disposición da rapazada da cidade a súa oferta de lecer. Escolares de entre 8 a 16 anos poderán participar no Campamento Urbano Infantil, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde e, a partir dos 16 anos, no Campamento Urbano Xuvenil, que transcorrerá pola noitiña. A  base do campamento será o colexio Salesianos.O campamento é gratuíto, e a inscrición pódese realizar por internet ou no local da asociación

Na presentación do campamento, o xerente de Amencer, Xulio César Iglesias, explicou que “desde hai 27 veráns de forma ininterrompida convidamos a rapazada e a mocidade de Ourense a pasar uns días xuntos, a descubrir a cidade, a coñecer novos amigos, a divertirse e aprender elementos que son da  vida mesma, como a cidadanía, a solidarirdade ou a sociabilidade”. O director, Javier Carballo detallou que este ano o campamento estenderase durante 3 semanas, xa que comezará un xoves, día 1, e rematará o martes, día 13, e entre as súas novidades destaca que haberá 3 días de saídas: unha delas á praia e outras dúas a concellos da contorna, “para desfrutar da natureza e das piscinas, e refrescarnos, que boa falta fai”, manifestou.

Pola súa banda, a concelleira de Xuventude, Tamara Silva, quixo poñer en valor o “grande labor” que realiza a asociación Amencer con este campamento: “todo o  mundo ten como referencia o campamento urbano en canto chega o verán. Hai moi poucos nenos que non pasen por el ou que non o coñezan. No campamento descobren unha cidade diferente, ademais de coñecer xente nova, desfrutan do tempo de lecer de verán e lle sacan o máximo partido”, asegurou.

Información e inscricións

Durante estes días, a organización desenvolve unha campaña informativa por toda a cidade, repartindo material sobre o Campamento Urbano para que chegue a información ao máximo de rapaces e rapazas da nosa cidade. Voluntarios e voluntarias de Amencer buscan tamén patrocinadores para o campamento e destacan que cada ano máis de 100 pequenas empresas e comercios ourensáns colaboran para que poida levarse a cabo.

A organización quere lembrar a todos os interesados que para participar é obrigatorio inscribirse antes, a través da páxina web de Amencer www.amencer.org ou no propio local da asociación, na Praza Don Bosco 1, baixo (no colexio Salesianos) en horario de mañá, de 9.00 a 15.00 horas. Para recibir máis información, poden contactar coa organización por teléfono (988218123), a través do correo electrónico amencer@amencer.org, na web: www.amencer.org ou no propio local da asociación.

Relacionadas

Luis Menor avoga pola coordinación dos representantes electos do PP “para unir esforzos e...

0
·        Preto dunha trintena de cargos permitirán articular unha comisión interparlamentaria provincial á que tamén poderán sumarse representantes políticos doutras zonas de Galicia ou de...

A Deputación de Ourense adhírese ao manifesto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en favor...

0
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, acudiu ao acto público organizado en Valença do Minho A antiga alfándega de Valença do Minho (Portugal), acolleu...

A Deputación de Ourense presenta o proxecto OU DS A2030, financiado polo Ministerio de...

0
Este primeiro encontro formalizou as bases estratéxicas para a implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) a través da implantación da A2030 na Deputación...

O alcalde recibe o árbitro ourensán Manuel Casanova Cudeiro, que acadou o premio ao...

0
O deportista, que tamén é axente da Policía Local de Ourense, conseguiu por cuarta vez o trofeo na categoría de Terceira Federación de fútbol O...

A Deputación organiza unha viaxe de familiarización para promover o turismo corporativo na provincia...

0
Esta actuación, organizada a través do Inorde, foi coorganizada coa Asociación de Secretariado Profesional de Madrid, da que forman parte especialistas procedentes de grandes...

Luis Menor participa na Comisión de Deputacións, Cabildos e Consells Insulares da FEMP, afondando...

0
Esta reunión, a segunda desta comisión específica da Federación Española de Municipios e Provincias, tivo lugar durante toda a xornada en Sevilla O presidente provincial...

Publicacións Relacionadas