Home Ourense Baixa Limia Muíños reúne este sábado a 630 rapaces no Campionato Galego de Inverno...

Muíños reúne este sábado a 630 rapaces no Campionato Galego de Inverno de Xóvenes Promesas en K1 e C1

- Anuncio -

A competición, organizada pola Federación Galega de Piragüismo co apoio da Deputación de Ourense, conta cunha inscrición de 41 clubs galegos

Esta xornada de competición é a antesala do Campionato de España de Xóvenes Promesas, que terá lugar este mes en Arcos de la Frontera

O complexo deportivo de O Corgo, no concello de Muíños, acolle este sábado, 11 de marzo o Campionato Galego de Inverno de piragüismo de novas promesas en K1-C1, organizado pola Federación Galega de Piragüismo en colaboración coa Deputación de Ourense, o Concello de Muíños e a Xunta de Galicia.

A competición, que engloba ás categorías cadete e infantil, dará comezo ás 10,00 horas deste sábado e contará cunha participación de 636 deportistas pertencentes a 41 clubs de toda Galicia.

O percorrido das probas será de 3.000 metros na categoría infantil e 5.000 metros na categoría cadete. Esta xornada de competición será a antesala do Campionato de España de Xóvenes Promesas que terá lugar este mes en Arcos de la Frontera.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

Luis López anuncia un investimento de 1,5 millóns de euros en tres anos no...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, detallou o contido dun plan que contempla a renaturalización da contorna, o deseño de...

A Deputación aproba máis de 100.000 euros para realizar melloras nas infraestruturas deportivas da...

0
O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas xa mobilizou máis de 930.000 euros entre os concellos da provincia A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas...

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez destaca o “lugar privilexiado” de Vigo na vela...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou na presentación do Campionato de España Clase Vaurien, que reunirá ata...

Publicacións Relacionadas