Home Ourense Baixa Limia Bande acolle o próximo domingo unha nova edición do desafío “Iter Querquennae”...

Bande acolle o próximo domingo unha nova edición do desafío “Iter Querquennae” con preto de 300 deportistas

- Anuncio -

O concello de Bande reunirá o próximo domingo, día 6, a preto de 300 deportistas nunha nova edición do desafío “Iter Querquennae”, proba que conta coa colaboración da Deputación de Ourense e inclúe a celebración do VIII Trail e a XV Andaina. Os detalles desta proba foron presentados no Pazo Provincial ao presidente do Inorde, Rosendo Fernández, da man da alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, e mailo responsable da organización, Xurxo Vázquez.

O VIII Trail, con máis de cen inscritos, ofrece aos deportistas dous circuítos. O primeiro ten 27 quilómetros, máis técnico e con zonas que frean a marcha, polo que a saída será ás nove da mañá, e con 8 postos de avituallamento. O segundo percorrido é de 16,5 km, máis accesible para todos los públicos e con saída media hora máis tarde.

Tamén a esa hora sairán os máis de 150 inscritos na XV Andaina, cunha distancia de 15 km e con algunha dificultade no último tramo, para maior satisfacción dos afeccionados.

Tanto o trail como a andina discorren por sendeiros ben coidados, nas máis das zonas ao carón do río e coa práctica totalidade do trazado á sombra.

Tanto a organización como o Concello destacan a atención que brindan aos participantes no desafío, que terán viandas e bebidas para repoñer forzas ao remate das probas e masaxistas e unha cuba de xeo para a recuperación física.

Os gañadores recibirán como premio un trofeo en cerámica que representa un dos arcos de entrada ao campamento romano de Aquis Querquennis.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez clausura na sede da Deputación en Vigo o III Torneo...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou esta tarde na Sede da Deputación en Vigo o III Torneo Nacional de Debate. Sánchez...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado no Teatro Salesianos á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel, que celebrou esta...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Belén Cachafeiro recorreu xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, esta actuación de seguridade viaria que se está...

A Deputación pon en marcha este domingo no Castelo de Soutomaior o obradoiro de...

0
Este domingo tamén terá lugar o percorrido Camelia e saúde, que se repetirá entre o 11 e o 16 de marzo para divulgar as...

A Deputación leva este domingo a 25 persoas da provincia a desfrutar do programa...

0
Veciños e veciñas de nove concellos da provincia gozarán de estancias no Hotel Carlos I Silgar, situado en Sanxenxo 25 persoas de nove concellos da...

A Deputación supervisa en Rodeiro os traballos de execución de cunetas de seguridade e...

0
A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, percorreu as actuacións que se están a desenvolver en ambas estradas provinciais e que contan cun investimento de...

Publicacións Relacionadas