Home Ourense Baixa Limia Bande celebra o 2, 3 e 4 de xuño a LII Festa...

Bande celebra o 2, 3 e 4 de xuño a LII Festa do Peixe, co apoio da Deputación de Ourense

- Anuncio -

Bande acollerá o 2, 3 e 4 de xuño a LII Festa do Peixe, celebración de Interese Turístico de Galicia que conta co apoio da Deputación de Ourense.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, presentaron esta mañá no Pazo Provincial unha festa que ten a súa orixe nun campionato de pesca e que na actualidade contribúe á promoción da riqueza piscícola dos seus ríos, da gastronomía local, do patrimonio histórico e das súas augas termais.

Programación da LII Festa do Peixe

A programación deste ano conta, ademais do campionato de pesca, con música, deporte, stands gastronómicos, exhibicións de patinaxe e o Mercado do Xurés.

Por días, o venres 2 arrancará a festa con actuacións musicais e unha degustación gastronómica. O sábado, día 3, o programa comeza pola mañá con pasarrúas e unha masterclass de “freestyle”, seguindo pola tarde cun espectáculo infantil, e a entrega de premios e trofeos de diversos concursos e campionatos. A música, xunto coas degustacións, protagonizan o resto da xornada.

O domingo concentra dúas das actividades estrela da festa. En primeiro lugar o campionato de pesca, que conta coa colaboración da federación galega. Ademais, a xornada abarcará música, exhibicións de patinaxe e degustacións gastronómicas.

Relacionadas

Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o proxecto da...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, mantivo unha reunión co rexedor vilanovés para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións O...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese co alcalde de Barro para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, para...

A Deputación celebra o Día do Emprendemento coas empresas que participaron nas aceleradoras de...

0
A vicepresidenta Luisa Sánchez e a deputada Nava Castro asistiron na sede de Vigo á xornada de “demo day” que serviu como peche de...

A Deputación abre este mércores a inscrición para participar nas “Rutas das Maceiras en...

0
Os catro percorridos terán lugar o sábado 27 de abril e permitirán á cidadanía coñecer catro sidrerías singulares da Estrada A Deputación de Pontevedra abre...

A Deputación remarca o éxito do novo programa de xuventude “Vive o rural”, que...

0
44 centros e ANPA de 21 concellos solicitaron as achegas da Deputación para este programa de visitas ás cinco granxas escola da provincia A Deputación...

A Deputación organiza este xoves no Museo unha conferencia sobre obra de Francisco Asorey...

0
O mércores terá lugar a última sesión do curso de arte e indumentaria ‘Tirando do fío’, dedicada á Revolución francesa Este ano o Día das...

Publicacións Relacionadas