HomeAllariz-MacedaAllarizBande e Allariz acollerán esta noite as tradicións folclóricas de seis países...

Bande e Allariz acollerán esta noite as tradicións folclóricas de seis países recollidas durante anos de investigación 

- Anuncio -spot_img

A Praza da Constitución de Bande será hoxe o primeiro escenario destas Xornadas onde as agrupacións de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia amosarán o seu folclore, a partir das 20,30 horas

Arxentina, Filipinas e Ucraína encherán de música e baile tradicional unha noite especial no Campo da Barreira, en Allariz, ás 22,30 horas.

Mañá mércores, o colorido festival folclórico desprazarase ata Manzaneda e Maceda. Ambas citas terán lugar ás 22,30 horas

Comeza hoxe en Bande e Allariz a xira pola provincia das Xornadas de Folclore. As seis agrupacións que forman parte desta nova edición despregarán a vistosidade dos traxes, as danzas e os ritmos ante o público. Detrás destes espectáculos están anos de intenso traballo de investigación e recuperación do folclore tradicional que os grupos participantes levan a cabo nos seus países.

As Xornadas están organizadas pola  Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

O repertorio de cada agrupación participante é tan só unha pequena mostra da gran riqueza e variedade cultural que acolle cada país. Os asistentes esta noite ao Festival na Praza da Constitución de Bande poderán gozar coas danzas e o os ritmos do Ballet F. Municipal de Rancagua de Chile, Royal Tara Dance Academy de Irlanda do Norte e ‘Tsumu’ de Xeorxia.

No campo da Barreira de Allariz actuarán Huayra Muyoj de Arxentina,  Phicas of BC de Filipinas e Folk Dance Ensemble Volynianka de Ucraína. Será ás 22,30 horas. Tódalas actuacións son gratuítas.

O grupo que abre estes dez días de festa cultural é o Ballet F. Municipal de Rancagua de Chile, fundado no 2008 por unha iniciativa da Ilustre Municipalidade de Rancagua. Na actualidade conta con medio cento de  integrantes, entre bailaríns e músicos, que se adican á recuperación, transmisión e posta en escena dos costumes e tradicións relacionadas co folclore do país chileno. No seu repertorio a agrupación fai un percorrido pola xeografía do país sudamericano, dende o norte até o sur, incluíndo a illa de Pascua. Tamén amosan a diversidade de manifestacións étnico-culturais que conforman a poboación chilena: o carnaval norteño, a danza afro-boliviana ou a de orixe español. 

Mañá, 13 de agosto:  Manzaneda e Maceda

O Patio do Colexio de Manzaneda acollerá, ás 22,30 horas, o espectáculo das agrupacións folclóricas de  Arxentina, Filipinas e Ucraína.

A Rúa do Toural, de Manzaneda, recibirá, ás 22,30 horas, aos compoñentes dos grupos de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.

Publicacións Relacionadas