Home Ourense Baixa Limia Carlos Garrido: “O Plan de Xestión será papel mollado mentres continúe o...

Carlos Garrido: “O Plan de Xestión será papel mollado mentres continúe o desleixo da Xunta na protección e prevención fronte aos lumes”

- Anuncio -

Podemos Lobios vén de presentar unha iniciativa no Congreso a través do deputado de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, para activar mecanismos que melloren a coordinación transfronteiriza.

Podemos Lobios vén de presentar unha iniciativa para coñecer o detalle da coordinación transfronteiriza durante os recentes lumes que afectaron ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. A formación lamenta o papel de pasividade da Xunta que está sendo o principal obstáculo para a preservación da zona.

“A Xunta de Galicia está sendo o principal obstáculo na conservación do Xurés”, sinala Carlos Garrido, candidato á alcaldía de Podemos Lobios, quen lamenta que “o Plan de Xestión será papel mollado mentres continúe o desleixo da Xunta, tal e como se demostra cos últimos lumes”.

Carlos Garrido considera que “é fundamental a colaboración das administracións”, para conter os lumes que se orixinen a un e outro lado da fronteira. Nese senso, o candidato á alcaldía vén de impulsar unha iniciativa no Congreso, da man do deputado Antón Gómez Reino, co fin de coñecer como funcionou esta coordinación durante estes últimos lumes.

Apunta Garrido que “moitos dos lumes no Xurés teñen memoria e repiten superficies afectadas. Para que a colaboración transfronteiriza funcione é preciso que medio rural e medio ambiente teñan as infraestruturas e as pistas limpas para facilitar a extinción eficaz dos lumes”. Algo que, asegura o candidato a alcaldía de Podemos, “non está pasando”. Ademais, insta á Xunta a que os servizos de prevención estean activos todo o ano, “tal e como demostran estes lumes en febreiro” e alude á proposta presentada pola súa formación en agosto como “a liña a seguir”.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas