Home Ourense Baixa Limia Carlos Garrido (Podemos Lobios) reclama que a Xunta “cumpla as súas funcións”...

Carlos Garrido (Podemos Lobios) reclama que a Xunta “cumpla as súas funcións” e finalice a autovía entre Celanova e Ponte da Barca

- Anuncio -

Carlos Garrido, candidato de Podemos a alcaldía de Lobios, presentou fai varias semanas unha serie de preguntas por escrito no Congreso mediante o deputado Antón Gómez-Reino, sobre a construcción dun tramo de autovía entre entre Celanova e o municipio portugués de Ponte da Barca.

En resposta a ditas preguntas, dende o Ministerio de Transportes sinalan que a xestión da Autovía AG-31 é de competencia autonómica, polo que o papel do Goberno Central únicamente podería consistir en intermediar entre a Xunta de Galicia e as autoridades portuguesas.

Garrido declarou: “a Xunta podería comezar as obras mañán mesmo, pero falta vontade política”. Neste senso, sinalou que o Convenio de Valencia permitiría o goberno autonómico chegar a acordos con Portugal, e que xa se están a levar a cabo actuacións similares, coma a rehabilitación da ponte internacional que une Salvaterra do Miño con Monçao.

O candidato morado instou á Xunta a acabar co “partido de tenis” entre administracións, e a aproveitar o ofrecemento do Goberno do Estado de intermediar para “crear unha mesa de diálogo entre administracións que concrete unha demanda que se da a ambos lados da fronteira, e que tería un enorme efecto positivo tanto no económico como no social”.

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas