Home O Ribeiro Castrelo de Miño Castrelo de Miño acolle este domingo o Campionato Galego de Remo de...

Castrelo de Miño acolle este domingo o Campionato Galego de Remo de longa distancia

- Anuncio -

A proba, na que colabora a Deputación de Ourense, reunirá a 150 deportistas de 14 clubs galegos, sumando en total 97 embarcacións inscritas

O encoro de Castrelo de Miño acollerá este domingo, 5 de febreiro, o Campionato Galego de Remo de longa distancia, organizado pola Federación Galega de Remo e o Club Náutico Castrelo de Miño, e no que colabora a Deputación de Ourense.

A presentación deste campionato tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o vicepresidente da Federación Galega de Remo Miguel Balsa; o xefe provincial do servizo de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; e César Fernández, vicepresidente segundo e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro.

Este campionato galego terá lugar entre as 11,00 e as 14,00 horas do domingo -sempre que a néboa non adíe o seu inicio-, e reunirá a uns 150 deportistas de 14 clubs galegos, sumando un total de 97 embarcacións inscritas entre as diferentes categorías e modalidades. A distancia da proba será para todas elas de 5.000 metros e ao remate producirase a entrega de medallas.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra abre este venres no Palacete das Mendoza a exposición “Cor...

0
A mostra da artista pontevedresa poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 5 de maio A Deputación de Pontevedra abre ao...

A Deputación esgota en tan só uns minutos as prazas das catro “Rutas das...

0
Os catro percorridos terán lugar o sábado 27 de abril e permitirán á cidadanía coñecer catro sidrerías singulares da Estrada A Deputación de Pontevedra esgotou...

Luis López destaca o investimento de 350.000 euros da Deputación para a mellora da...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo, comproba o remate das obras e resalta o cumprimento do goberno provincial coas súas...

Luis López sinala que o compromiso da Deputación cos creadores do Conecta Lab é...

0
O presidente provincial participa na presentación deste laboratorio audiovisual que terá lugar este mes na illa de San Simón e no que o goberno...

A Deputación concede preto de 50.000 euros ao Concello de Valga para acondicionar a...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa preto de 1,7 millóns de euros entre 25 concellos da provincia de...

A Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias organizan este xoves dúas conferencias...

0
Enmárcanse no Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, un programa promovido para achegar a ciencia á sociedade A deputada provincial Isabel Couselo e o presidente...

Publicacións Relacionadas