Home O Ribeiro Castrelo de Miño Castrelo de Miño acolle este sábado o Campionato Galego de Inverno de...

Castrelo de Miño acolle este sábado o Campionato Galego de Inverno de piragüismo de K4 e C4

- Anuncio -

A proba contará con 732 inscritos pertencentes a 26 clubs galegos, repartidos entre as categorías infantil, cadete, xuvenil, sénior e veterán

Castrelo de Miño acollerá este sábado, 4 de febreiro, o Campionato Galego de Inverno K4-C4, que servirá de arrinque de tempada para o piragüismo galego na disciplina de augas tranquilas.

A presentación desta proba tivo lugar hoxe no Pazo Provincial e contou coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Fredi Bea; o coordinador de Deporte Escolar da Xunta de Galicia en Ourense, Carlos Bericat; e o presidente do club piragüismo Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Pedro Andrés García.

Esta competición, organizada pola Federación Galega de Piragüismo coa colaboración da Deputación de Ourense, celebrarase o vindeiro sábado en xornada de mañá e tarde, e contará con 732 deportistas inscritos pertencentes a 26 clubs de toda Galicia, repartidos entre as categorías infantil, cadete, xuvenil, sénior e veterán. En canto á distancia da proba, esta será de 3.000 metros para todas as categorías.

Relacionadas

A Deputación leva ata A Estrada o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 18 de abril, ás 19:00 horas, no Museo do Moble e a Madeira...

Os deportistas ourensáns, Xan Somoza e Víctor López, convocados pola Federación Española de Volei...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome xunto co concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá a Xan Somoza e Víctor López, deportistas...

A concelleira de Educación recibe o alumnado participante no Intercambio educativo Eurofrance

0
O IES A Laboral acolle estudantes das rexións francesas da Bretaña e de Lorraine A concelleira de Educación, Tamara Silva, recibiu esta mañá no salón...

O PP de Ourense denuncia o desmantelamento da seguridade na provincia, coa supresión constante...

0
● A secretaria da xestora provincial e alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, compareceu esta mañá xunto aos alcaldes de Lobeira e Lobios e o...

A Deputación de Ourense investirá máis de medio millón de euros na mellora da...

0
A Deputación de Ourense vén de sacar a licitación o proxecto de reforzo de firme con mestura bituminosa en quente en diferentes estradas provinciais...

Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o proxecto da...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, mantivo unha reunión co rexedor vilanovés para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións O...

Publicacións Relacionadas