Home O Ribeiro Cenlle Cenlle contará co apoio da Deputación para proxectos de infraestruturas, servizos públicos...

Cenlle contará co apoio da Deputación para proxectos de infraestruturas, servizos públicos e a ampliación da área termal

- Anuncio -

Manuel Baltar visitou a aula Cemit -que conta con financiación do goberno provincial- e reuniuse co alcalde, José Manuel Rodríguez, garantíndolle a máxima implicación: “Cenlle seguirá contando cun aliado fundamental para o seu desenvolvemento como é a Deputación”

Con cargo á modificación de créditos que se aprobará no pleno ordinario de abril, a Deputación cooperará no abastecemento e saneamento de Trasariz; na axuda para o bombeo en alta de Razamonde-San Trocado; e axudará na expropiación de terreos para ampliar a área termal

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, realizou hoxe unha visita institucional a Cenlle, onde visitou a aula do Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Cemit) -proxecto que conta con apoio do goberno provincial- e mantivo unha reunión de traballo co alcalde, José Manuel Rodríguez, para analizar as liñas de colaboración actuais e futuras entre ambas administracións en materia de infraestruturas, servizos e maila ampliación da área termal do municipio. Un encontro que, segundo afirmou Manuel Baltar, garante a Cenlle “que seguirá contando cun aliado fundamental para o seu desenvolvemento como é a Deputación de Ourense”.

Acompañado por César Fernández, vicepresidente da institución provincial e delegado para asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, Manuel Baltar asegurou que “a Deputación seguirá colaborando en proxectos de infraestruturas, culturais, turísticos e dinamizadores do medio rural, tanto no presente como no futuro”, cualificando a este municipio como “unha das mellores postais da provincia, por natureza, recursos endóxenos como o viño e termalismo”.

Trala sinatura do presidente provincial no libro de honra do Concello, o alcalde, José Manuel Rodríguez, agradeceu a visita de Manuel Baltar a Cenlle, así como a súa disposición a participar nos proxectos que lle formulan: “Contamos como sempre coa súa colaboración”, dixo.

Proxectos con apoio da Deputación en Cenlle

Na actualidade, a Deputación de Ourense está a colaborar co Concello de Cenlle na aula do Cemit; nas obras da estrada que une Cuñas con San Lorenzo da Pena, pertencentes ao plan provincial do pasado ano; e noutro proxecto de saneamento dun pobo de Cenlle.

Ademais, e con cargo á modificación de créditos que se aprobará no pleno ordinario do mes de abril, a Deputación cooperará no abastecemento e saneamento de Trasariz; concederá unha axuda para o bombeo en alta de Razamonde-San Trocado, do que participan ademais de Cenlle os municipios de Punxín e San Amaro; e tamén axudará á expropiación de terreos para ampliar a área termal deste municipio do Ribeiro.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Luis López anuncia un investimento de 1,5 millóns de euros en tres anos no...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, detallou o contido dun plan que contempla a renaturalización da contorna, o deseño de...

A Deputación aproba máis de 100.000 euros para realizar melloras nas infraestruturas deportivas da...

0
O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas xa mobilizou máis de 930.000 euros entre os concellos da provincia A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas...

Publicacións Relacionadas